Skip to Content

FERVEDOIRO NA PRAIA

Xornada de Convivencia e proxecto ProBleu

Estimadas familias,

O vindeiro luns 23 de setembro terá lugar de 10:30 a 18:00 horas a I xornada de covivencia (de 8:30 a 10:10 horas o alumnado terá clase).
 
Esta xornada desenvolverase en diferentes arenais de Rianxo e pretende ser unha actividade de inicio de curso e presentación oficial da participación do centro no proxecto europeo ProBleu e do #EUBeachCleanup.
O alumnado desenvolverá diferentes actividades relacionadas ca recuperación e protección destes espazos combinadas con outras actividades máis lúdicas, e sempre acompañado de profesorado do centro.
É importante que o alumnado veña coa roupa axeitada, con comida (bocadillo, froita etc) para xantar e con crema solar.
Aquel alumnado que non participe na xornada de convivencia quedará no centro realizando tarefas deseñadas pola equipa docente.
Por favor as autorizacións asinadas que foron enviadas (en formato papel) entregaranse ao/á titor/a.
 

COMEZO CURSO ESCOLAR 2024-2025

De acordo coa Orde do 12 de abril de 2024 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2024/2025 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, a actividade lectiva comezará o día 11 de setembro no horario que se indica a continuación:

 

9:00 horas. Presentación dos grupos de 1º ESO no Salón de actos

9:00 horas. Presentación dos grupos de 1º e 2º de Ciclo Medio.

9:20 horas. Presentación dos grupos de 2º e 3º ESO no patio central do edificio principal.

9:20 horas. Presentación dos grupos de 4º ESO e BAC detrás do edificio anexo (pista de fútbol e baloncesto).

 

Ao rematar as presentacións comezarán as sesións lectivas habituais, polo que o alumnado deberá traer neste primeiro día o material necesario: folios/caderno/carpeta e bolígrafo.

AUTOBUSES: no horario habitual, de chegada ao centro ás 08:30 horas e regreso ás 14:10 horas.

FELIZ REGRESO AO FÉLIX MURIEL

Libros de texto. Curso 2024-2025

Achégase a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso académico 2024-2025.

Por favor, teñan en conta as indicacións relativas a algún dos libros en que se recomenda agardar a setembro.

Entrega cualificacións ESO

O día 26 entregaranse as cualificacións ao alumnado da ESO no seguinte horario:

 

1º ESO, 2º ESO e 3º ESO: 10:00 horas na súa aula de referencia.

4º ESO: 11:00 horas no Salón de actos.

 

NOTA IMPORTANTE. É moi importante recoller esta documentación en papel xa que o Consello Orientador non aparece no ABALAR e nel infórmase da proposta de inclusión da/o alumna/o no programa PDC ou en FP Básica e disponse de moi pouco tempo para aceptar ou non a proposta en cada un deses casos.

Datas matrícula curso 2024-2025

As datas para a matrícula no IES Félix Muriel son as que se sinalan a continuación:

 

  • 1º ESO: 26 de xuño
  • 2º ESO: 27 de xuño
  • 3º ESO: 28 de xuño
  • 4º ESO: 1 de xullo
  • 1º BAC: 2 de xullo
  • 2º BAC: 2 de xullo
  • CICLO: do 24 de xuño ao 4 de xullo

 

 

Probas extraordinarias 1º Bacharelato

Achéganse as datas e horas das probas extraordinarias de 1º Bacharelato.

Probas extraordinarias Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Durante este mes de xuño e seguindo a normativa establecida pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia terá lugar no IES Félix Muriel a convocatoria extraordinaria do Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

As probas realizaranse na Aula taller do Ciclo e os días e horarios serán os seguintes:

1º CURSO:

- Mércores 19 de xuño:

8:30 horas: proba teórica de Atención Sanitaria.

11:20 horas: proba teórica e práctica de Atención e Apoio Psicosocial.

- Xoves 20 de xuño:

8:30 horas: proba de Formación e Orientación Laboral.

10:30 horas: proba de Características e necesidades das Persoas en Situación de Dependencia.

- Venres 21 de xuño:

8:30 horas: proba práctica de Atención sanitaria 

13:20 horas: Apoio domiciliario.

2º CURSO:

- Mércores 19 de xuño:

10:30 horas: proba de Organización da Atención ás PSD.

12:30 horas: Primeiros Auxilios.

- Xoves 20 de xuño:

8:30 horas: Destrezas sociais.

10:30 horas: Atención Hixiénica.

13:20 horas: Teleasistencia.

A información está colgada no taboleiro de FP do centro.

Graduación 2º Bacharelato

O pasado sábado, 8 de xuño, tivo lugar a celebración da graduación do alumnado de 2º Bacharaleto. Despois de todos estes anos compartindo espazos, aprendizaxes, risos, angustias, viaxes... é o momento de deixar que continuedes os vosos camiños e vaiades na procura da vosa Itaca.

Parabéns a todas e a todos.

Solicitude admisión Ciclo Formativo curso 2024-25

O IES Félix Muriel conta cunha oferta de Ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario moi interesante:

- FP grado Básico de Actividades Domésticas e Limpeza de edificios

- FP grado Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia.

Para poder formar parte da nosa comunidade educativa podes presentar a túa solicitude de admisión para o Ciclo medio de formación profesional para o curso 2024-2025 a partir do 24 de xuño ás 9 horas e ata o 4 de xullo ás 13:00 horas.

A solicitude debe realizarse utilizando o asistente informático dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp . Nesta mesma páxina está dispoñible toda a información do proceso de admisión.

O alumnado que ten xa ten a súa praza garantida por pasar de 1º curso a 2º curso do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia no noso centro debe achegar á Secretaría do IES o anexo I cuberto no mesmo prazo (do 24 de xuño ao 4 de xullo).

Distribuir contido


by Dr. Radut