Animación á lectura

Guía de lectura de cómics

Enviado por iesproval o Mér, 2009-04-01 11:50

A biblioteca ven de publicar unha guía de lectura de cómics. Pódese descargar premendo no ficheiro adxunto.

( categories: )

Fallo do Concurso de Fotografía e Debuxo

Enviado por iesproval o Ven, 2009-03-13 17:11

Traballo diario

Esta é a foto premiada no concurso de  fotografía e debuxo sobre o tema "A muller e o traballo". O seu título é "O traballo diario" e as autoras son Anabel e Raquel, de 4º da ESO. Parabéns.

O xurado decidíu dar dous accésit ás fotos "Igualdade nas túas mans"  de Marta e Aurora, 3º de ESO e "Traballando xuntos" de Diego Carneiro, 4º  da ESO. Noraboa tamén para estes alumnos e alumnas. 

Guía de lectura de libros sobre a igualdade de xénero

Enviado por iesproval o Mér, 2009-01-28 20:17

guía de lecturaA biblioteca ven de publicar unha guía de lectura de libros sobre a igualdade de xénero. Pódese descargar premendo no ficheiro adxunto

( categories: )

Concurso de Fotografía e Debuxo

Enviado por iesproval o Mér, 2009-01-28 20:06

Concurso debuxo e fotografíaA Biblioteca convova un concurso de  Fotografía e Debuxo sobre o tema "A Muller e o Traballo" dirixido a tódolos alumnos e alumnas do Centro. O prazo de entrega de traballos vai do 9 de febreiro ao 3 de marzo.

As fotos ou debuxos terán que levar un título e, se queredes, un comentario explicativo. Para saber máis pódese descargar o cartel que aparece como ficheiro adxunto (pdf)

Distribuir contido