Skip to Content

Carlos Casares na Biblioteca

A Real Academia Galega acordou dedicar o día das Letras Galegas 2017 a Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941 - Vigo, 2002).

Na nosa Biblioteca escolar temos moitas obras súas que podedes consultar: narrativa -Vento feridoXoguetes para un tempo prohibidoO galo de Antioquía...-, ensaios e estudos biográficos -Un país de palabrasConversas con Ánxel Fole..., traducións ao galego -O principiñoO vello e o mar...-.

E tamén outros traballos relacionados con el: O conto da vida, de Tucho Calvo; Carlos Casares. A semente aquecida da palabra, do Consello da Cultura Galega; Carlos Casares, Monografía da Revista de Estudos Miñoranos etc.

Animádevos!

Álbum: Actividades Curso 2016-2017 -> Carlos Casares na Biblioteca


album | by Dr. Radut