Eventos
Iniciar sesión |
Animación á lecturaCampaña solidaria "Un libro=un quilo"Enviado por iesproval o Mar, 2020-01-28 10:02
O pasado decembro a Biblioteca Proval promoveu a campaña "Un libro=un quilo" consistente en intercambiar un quilo de alimentos por un libro de lectura. Esta iniciativa tivo unha gran acollida na nosa comunidade educativa, especialmente entre o alumnado, e chegamos a reunir máis dun cento de quilos de alimentos. En agradecemento, esta semana recibimos unha carta da Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo, así que, unha vez máis, nos sentimos moi orgullosos do labor realizado e sobre todo da solidariedade do noso alumnado. Grazas a tod@s e gozade coas lecturas! ( categories: )
Actividade de escape co Clube de LecturaEnviado por iesproval o Ven, 2019-12-13 09:27
O Clube de Lectura A tiro limpo ven de organizar unha actividade no sKapark de Vigo con tres escape room: O legado de Verne, Corredoors e Guantánamo. Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade. ( categories: )
Intercambio de librosEnviado por iesproval o Xov, 2019-05-23 10:32
En Proval celebramos o Día Internacional do Libro, o pasado 23 de abril, con varias actividades entre as que destacamos o intercambio de libros. Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade.
( categories: )
Actividades do clube de lecturaEnviado por iesproval o Xov, 2018-12-20 10:28
Durante este primeiro trimestre o clube de lectura A tiro limpo organizou as seguintes actividades:
( categories: )
Día das escritoras en ProvalEnviado por iesproval o Mar, 2018-10-23 11:49
O pasado 15 de outubro celebrouse o Día das Escritoras. A biblioteca de Proval sumouse a esta data cun panel e unha exposición con obras de autoras rebeldes e trasngresoras
( categories: )
A biblioteca de abril a xuño 2018Enviado por iesproval o Lun, 2018-06-18 01:17
Neste último trimestre conmemoramos varias datas significativas coma o Día Mundial da saúde, a Semana do libro (con intercambio entre membros da comunidade educativa), as Letras Galegas e María Victoria Moreno...; actualizamos os taboleiros de Biblionoticias e Biblionovidades; e outras pequenas accións. E xa cun pé no verán... Boa lectura a tod@s!!! E ata o próximo curso ;)
( categories: )
Viaxe ás MédulasEnviado por iesproval o Sáb, 2018-06-02 11:00
Alumnado de 1º, 2º de ESO e de 1º de Bacharelato estiveron descubrindo a pegada romana no Bierzo. Visitaron Astorga e o castelo de Ponferrada, aloxándose nas cabañas do lago de Carucedo. Todo esto organizado polos Departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía, Linguas Clásicas e o Clube de lectura a principios do mes de xuño. Selecciona a fotografía inferior para visualizar o álbum desta actividade. ( categories: )
Concurso de Fotografía O legado de Roma no BierzoEnviado por iesproval o Sáb, 2018-06-02 10:05
Como actividade complementaria á Saída ás Médulas, os Departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía, Linguas Clásicas e o Clube de Lectura, organizaron un concurso de fotografía sobre o legado de Roma no Bierzo. Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade. ( categories: )
Cumpleanos de RomaEnviado por iesproval o Lun, 2018-05-07 10:50
Coincidindo co cumpleanos de Roma, o Departamento de Linguas Clásicas organizou un concurso de cociña grega e romana. Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum desta actividade ( categories: )
Actividades do clube de lectura A tiro limpoEnviado por iesproval o Mar, 2018-03-20 00:08
Percorrido fotográfico das actividades desenvolvidas polo Clube de lectura A tiro limpo durante os primeiro e segundo trimestres. Máis información na descrición de fotos e no blogue do club. Selecciona a foto inferior para empezar o percorrido ( categories: )
![]() |