Resultado do concurso de camisetas

Enviado por iesproval o Xov, 2012-01-12 22:28

Xa temos aos gañadores do conurso de camisetas: o primeiro premio foi para Yolanda Sousa Pereira, de 1º Bacharelato CSeH polo traballo "Non deixes que che tapen a lingua"; o segundo foi para "Estilo Galego" de Sara Calvo Portela (1º Bacharelato C e T) e , por último, o terceiro premio foi para Ana Mulet (1º A da ESO) polo traballo "Sentir en Galego". Parabéns para as tres.

O concurso de chapas quedou deserto, o xurado entendeu que os deseños presentados non se axustaban ás bases.

Pódense ver os deseños premiados na sección Galerías