Skip to Content

Curso 2011-12

O IES Escolas Proval xa é Socio Protector de Espazo Lectura

logo espazo lecturaA Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) do IES Escolas Proval, en sesión do 29 de novembro de 2012, acordou que o Centro sexa Socio Protector de Espazo Lectura, asociación sen ánimo de lucro, con sé en Gondomar, que ten por misión o fomento da lectura entre os cidadáns do Val Miñor. Con esta decisión o Centro comprométese a divulgar entre o alumnado e a comunidade educativa as actividades que Espazo Lectura leva adiante para o cumprimento dos seus fíns. Ademais, se fose o caso, o Centro pode acoller algunha das actividades de fomento da lectura que a asociación Espazo Lectura poida deseñar para colaborar co fomento da lectura entre o alumnado e profesorado das Escolas Proval.

No blogue de Espazo Lectura pódense ver con detalle os fíns da asociación e facer un seguimento das súas actividades.

O magosto 2012 e o Samaín xuntos

O pasado venres 23 os alumnos de Escolas Proval participaron na festa do magosto xunto co Samaín.

Os alumnos de 4º da ESO asaron as castañas, e venderon comida caseira para a excursión. Tamen prepararon a casa do terro, coa profesora de música Paula Carreras.Todos os alumnos da ESO accederon a ela logo de superar varias probas (carreira de sacos, xogo do pano, tres pés, adiviñas...) para completar o salvoconducto.

Despois disfrutamos da actuación de tres danzas: Baile da Santa Compaña de 2º da ESO coa profesora Anxeles Bouzó, Heavy metal polos zombis de 4º da ESO con Paula Carreras, e por último Giga macabra bailada polos alumnos "Esqueletos" de 3º da ESO e a profesora Natalia Regueiro, e a interpreción musical polos alumnos de 1º de Bacharelato, dirixidos por Paula Carreras.

Ao final tiveron lugar as entregas de premios ó mellor deseño para a camisola e ós mellores postres.

Os Músicos do Val Miñor

Os músicos do Val Miñor seguen de actualidade. O xornal "La Voz de Galicia" ven de publicar unha reportaxe que titula "Unha sinfonía integradora" no que se resume o traballo dos alumnos das Escolas Proval, o Colexio Juan María e os seus profesores.

Portadas dos libros Os Músicos do Val miñor, versións orixinal e adaptada á discapacidade

portada do libro os músicos do val miñor

portada do libro os músicos do val miñor

Entroido 2012: vídeo da actuación de S2B

Como arquivo adxunto, simpático vídeo da actuación dos alumnos e alumnas de 2º B da ESO. Máis adiante iremos subindo os vídeos dos outros grupos.

Sorry, flash is not available.

Galería de fotos do Entroido 2012 en Proval

Entroido 2012 en ProvalXa se pode visitar a Galería Fotográfica da festa do Entroido 2012.

Distribuir contido


by Dr. Radut