Anástrofe

Enviado por iesproval o Sáb, 2019-11-16 19:20

No marco das actividades que estamos desenvolvendo co fin de concienciar o noso alumnado sobre a necesidade de erradicar a violencia de xénero, insírese a perfomance que nos ofreceu María Vallina o pasado 11 de novembro. 

Con esta representación pechouse a cuarta edición do programa "Mulleres en acción. Violencia zero", promovido pola Deputación de Pontevedra para loitar contra a violencia de xénero. Na compaña das deputadas Isaura Abelairas e Raquel Giráldez -alén do alcalde Juan González e as concelleiras de igualdade, Patricia Diego, e de educación, Marina Vidal-, profesorado e alumnado puidemos interactuar coa artista asturiana e reflexionar, nesta simbólica peza Anástrofe, sobre a necesidade de "inversión" do noso papel pasivo na sociedade fronte a violencia machista e a obriga de implicarnos na loita das mulleres desde as tarefas máis cotiás, porque todos e todas somos partícipes dun cambio necesario!

AdxuntoTamaño
PHOTO-2019-11-15-21-19-22_1.jpg44.41 KB