Alumnado de Proval na IV Competición de Robots da UVIGO
Tres equipos de alumnos de Bacharelato de Proval participaron na IV Competicións de Robots da Universidade de Vigo, realizada o 4 de maio na Escola de Enxeñería Industrial. Un destes equipos participantes chegou á final, rematando a competición na 4ª posición.