Iniciar sesión |
ElectrónicaDepartamento de Electrónica: profesorado 2020-21Enviado por iesproval o Mér, 2007-11-28 20:55
Enlace a contidos educativos do Dpto(páxina de Carmen Currás) Pode consultarse a programación didáctica do presente curso no enlace. ( categories: )
Trucos de megafonía persoalEnviado por javierdiz o Lun, 2020-11-16 12:49
( categories: )
CeideEnviado por iesproval o Mar, 2020-01-07 15:03
( categories: )
Árbore electrónicaEnviado por iesproval o Ven, 2019-12-20 01:08
Quen dixo que a decoración de Nadal non podía ser sustentable? Logo de gañaren hai uns días o concurso galego de robótica, esta mañán o equipo de electrónica volveu sorprendernos cunha marabillosa árbore navideña, acompañada dunha orixinal sagrada familia, elaboradas con materiais de refugallo, como cables vellos de antenas, restos de televisores de tubo, anacos de circuítos integrados, condensadores... Habilidade e creatividade para elaborar este verdadeira obra de arte! Sen dúbida, decoración enxeñosa e respectuosa co medio, conforme ás premisas que leva anos tentando inculcar na comunidade educativa o noso equipo RRR (Recursos-Residuos,-Responsabilidade). Grazas e parabéns a José Carlos García e ao seu alumnado polo seu traballo e compromiso! ( categories: )
Competición de RobotsEnviado por iesproval o Lun, 2019-04-29 10:00
Alumnado de 1º de Mantemento Electrónico e da materia de Robótica de Bacharelato participaron o venres 26 de abril na IV Competicións de Robots da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo. Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum desta actividade ( categories: )
Museo didáctico das TelecomunicaciónsEnviado por iesproval o Ven, 2019-03-22 00:08
Álbum da visita ao Museo Didáctico das Telecomunicacións e Central Telefónica de Montiño (A Coruña) do alumnado de 2º Mantemento Electrónico, 2º Instalacións de Telecomunicacións (ordinario) e de Sistemas de Telecomunicación e Informáticos ( categories: )
Novo circuito sigueliñas de RobóticaEnviado por iesproval o Sáb, 2018-12-22 11:45
O alumnado de Bacharelato da materia de Robótica xa está a empregar o novo circuito de probas para as prácticas da aula e para preparase de cara os diferentes concursos (Lego, Universidade de Vigo) no que participan tódolos anos e nos que obtiveron importantes logros. ( categories: )
Proval na Regata Solar 2018Enviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 13:45
Os alumnos do ciclo superior de Mantemento electrónico participaron na terceira edición da Regata Solar que se desenvolveu o sábado 23 de xuño en Baiona baixo o patrocinio de Marine Instruments. Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum desta actividade ( categories: )
Premio de Innovación a OlloSip de ProvalEnviado por iesproval o Mar, 2018-05-29 13:30
Ollosip, proxecto coordinado polos profesores Carmen Currás e Fernando Rodríguez e desenvolto nas aulas como froito da colaboración entre o IES Escolas Proval e o IES Ricardo Mella de Vigo, ven de acadar un dos premios a Proxectos de Innovación da Consellería de Educación. Ollosip é un sistema que integra videovixiancia, control de accesos ou voz IP, entre outras prestacións e está desenvolto totalmente nos centros participantes en base a unha Raspberry Pi. Acaba de ser presentado na edición de Expelectrónica celebrada o 28 de maio no noso IES Así recolle a prensa este premio: ( categories: )
Alumno de Electrónica de Proval, seleccionado para o CERNEnviado por iesproval o Mar, 2018-05-29 13:28
Abel Núñez, alumno do Ciclo Formativo de Grao Superior Mantemento Electrónico do IES Escolas Proval ven de ser seleccionado para traballar no CERN. Noraboa, Abel!!
Enlaces a esta nova na prensa: ( categories: )
![]() |
Eventos
|