Iniciar sesión |
ElectrónicaA videorockola de Proval, Premio Nacional de InnovaciónEnviado por iesproval o Xov, 2016-03-17 14:19
Os profesores do Departamento de Electrónica Carmen Currás e Fernando Rodríguez, responsables do proxecto Videorockola, veñen de recibir en Madrid o Premio Nacional de Calidad e Innovación en FP. O acto de entrega celebrouse na Biblioteca Nacional e foi presidido polo ministro de Educación, Íñigo Martínez de Vigo. Pódese consultar máis información no seguinte enlace da Consellería, do Ministerio e de prensa. Tamén hai dispoñible unha galería de fotos do evento.
( categories: )
A videorockola de Proval, Premio Nacional de InnovaciónEnviado por iesproval o Sáb, 2015-12-12 11:10
A videorockola, un proxecto desenvolvido polo alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Mantemento Electrónico baixo a coordinación dos profesores Carmen Currás e Fernando Rodríguez, acaba de recibir un 3º Premio á Calidade e Innovación en Orientación e Formación Profesional Noraboa aos premiados!! Pode consultarse a resolución no BOE aquí e información de prensa aquí. ( categories: )
ExpoElectrónica Proval (3 de Xuño)Enviado por iesproval o Mér, 2015-05-27 16:38
ExpoElectrónica Proval é unha xornada de portas abertas onde podes ver os proxectos que se desenvolven nos ciclos formativos de Electrónica do IES Escolas Proval. A xornada está especialmente organizada para pais, fillos e calquera familiar ou amigo que queira coñecer o tipo de formación que se imparte no centro. Da man dos propios profesores e alumnos, coñecerás todas as vantaxes profesionais que ofrecen os nosos ciclos de FP aos alumnos. Mais imaxes clicando aquí Enlaces a reseñas en xornáis: ( categories: )
Expoelectrónica Proval 2014Enviado por iesproval o Mar, 2014-05-27 19:12
O luns 2 de Xuño de 2014 celebramos a segunda xornada de portas abertas "Expoelectrónica Proval" organizada polo Departamento de Electrónica do IES Escolas Proval. Nela os profesores e os alumnos dos ciclos formativos de grao medio de "Instalacións de Telecomunicación" e de grao superior de "Mantemento electrónico" amosarán proxectos desenvolvidos no centro. Ver nota de prensa do Faro de Vigo Ver galería de fotos de Faro de Vigo ( categories: )
Entrevista a Manuel MartínezEnviado por iesproval o Mar, 2014-01-21 13:30
O Xefe de Departamento de Electrónica fala do premio a "Expoelectrónica Proval 2013" no programa "A tarde" da Radio Galega. 6:16 minutes (5.75 MB)
( categories: )
O IES Escolas Proval: premio por un proxecto de innovación tecnolóxica desenvolvido durante o curso escolar 2012-2013Enviado por iesproval o Dom, 2014-01-19 13:40
O IES Escolas Proval foi merecedor dun premio por valor de 10.000 € na convocatoria realizada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios a proxectos de innovación tecnolóxica desenvolvidos durante o curso escolar 2012-2013 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, onde se impartan ensinanzas de Formación Profesional. O proxecto premiado foi a exposición Expoelectrónica Proval: Un proxecto colaborativo de innovación e difusión para os novos ciclos de electrónica, realizada no terceiro trimestre do pasado curso. Parabéns da comunidade educativa do IES Escolas Proval aos alumnos e profesorado do Departamento de Electrónica polo éxito do traballo desenvolvido. No Faro de Vigo do pasado 6 de xaneiro aparece unha reseña do resultado da convocatoria, na que, xunto co noso, resultaron premiados outros oito centros galegos.
( categories: )
Expoelectrónica Proval 2013Enviado por carmencurras o Mar, 2013-06-11 21:58
Por primeira vez no IES Escolas Proval vaise celebrar unha exposición dos proxectos realizados polos alumnos dos ciclos formativos de Electrónica ao longo do curso. A xornada de portas abertas pretende mostrar a toda a comunidade educativa e aos habitantes do Val Miñor tanto as instalacións do centro coma os traballos realizados polo noso alumnado. Tamén teremos unha demostración de equipos de DJ con:
A entrada é libre e gratuita. O programa pode verse no arquivo adxunto: ( categories: )
Proxectos realizados polos alumnos de ELECTRÓNICA do CS1 DPE utilizando o robot comercial MowayEnviado por iesproval o Ven, 2010-09-03 08:13
Proxectos realizados polos alumnos de primeiro curso do ciclo ( categories: )
Ciclos Formativos de Electrónica e AdministrativoEnviado por iesproval o Ven, 2010-06-11 19:57
Información sobre os Ciclos Formativos que se imparten no IES Escolas ProvalElectrónica
|
Eventos
|