Eventos
Iniciar sesión |
Curso 2017 18Graduacións curso 2017-18Enviado por iesproval o Mar, 2018-06-26 00:11
Dende este enlace poderanse visualizar as fotos dos diferentes actos de Graduación celebrados nesta fin de curso.
( categories: )
Buscando a Pi en PalexcoEnviado por iesproval o Mar, 2018-06-19 00:07
Alumnado de Proval estivo na Feira Matemática de Agapema onde, a maiores de amosar diversos traballos de investigación arredor do número Pi, deseñaron este vídeo buscando a Pi. ( categories: )
A biblioteca de abril a xuño 2018Enviado por iesproval o Lun, 2018-06-18 01:17
Neste último trimestre conmemoramos varias datas significativas coma o Día Mundial da saúde, a Semana do libro (con intercambio entre membros da comunidade educativa), as Letras Galegas e María Victoria Moreno...; actualizamos os taboleiros de Biblionoticias e Biblionovidades; e outras pequenas accións. E xa cun pé no verán... Boa lectura a tod@s!!! E ata o próximo curso ;)
( categories: )
Viaxe de fín de curso de 4º ESO a EdimburgoEnviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 23:05
O alumnado de 4º de ESO xa está na súa excursión de fin de curso e de etapa. Este ano o destino é Edimburgo, a capital de Escocia. Preme a foto inferior para visualizar o álbum desta actividade. ( categories: )
Estímulo do talento en MatemáticasEnviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 13:57
O sábado 2 de xuño, Nerea Figueroa Gómez, Ismael Martínez González e Noa Pazos Aniorte, de 1º de ESO, realizaron en Santiago de Compostela a proba de ESTALMAT para formar parte do Proxecto para o estímulo do talento en matemáticas. Neste enlace pódense ver fotos da xornada da proba. O material gráfico está extraído da web de Estalmat Galicia Seleccionando a foto inferior pode visualizarse o álbum completo deste evento. ( categories: )
Proval na Regata Solar 2018Enviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 13:45
Os alumnos do ciclo superior de Mantemento electrónico participaron na terceira edición da Regata Solar que se desenvolveu o sábado 23 de xuño en Baiona baixo o patrocinio de Marine Instruments. Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum desta actividade ( categories: )
Colaboración coa Misión biolóxica de GaliciaEnviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 13:44
O departamento de bioloxía e xeoloxía colabora coa Misión biolóxica de Galicia, no proxecto europeo sobre a estimación da taxa de depredación do carballo, Quercus robur, empregando eirugas falsas, co alumnado de 1º de bacharelato. Este proxecto está coordinado pola profesora e investigadora da MBG Andrea Cortegoso. No dito proxecto realizáronse varias intervencións nos meses de maio e xuño, segundo o protocolo europeo publicado no enlace https://sites.google.com/view/aboutoaks/ Seleccionando a fotografía inferior pode visualizarse o álbum completo desta actividade
( categories: )
Saída á Foz e Praia de LadeiraEnviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 13:36
O día 1 de Xuño, o alumnado de 4º da ESO e 1º de bacharelato da materia de bioloxía e xeoloxía, realizou unha saída á Foz do Miñor e Praia da Ladeira, coa finalidade de estudiar a biodiversidades destes ecosistemas e a acción antropoxénica sobre eles. Selecciona a fotografía inferior para acceder ao álbum desta actividade
( categories: )
Obradoiros de poliedrosEnviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 13:30
Con triángulos equiláteros, cadrados e pentágonos regulares. Ou con escarvadentes e gominola. Nas clases de matemáticas, calquera material é bo para a construcción de poliedros... Seleccionade a foto inferior para comprobalo.... ( categories: )
Estudio interdisciplinar de plantas invasorasEnviado por iesproval o Dom, 2018-06-17 13:04
Durante o presente curso académico, o alumnado de 1º de ESO de Ciencias da Natureza desenvolveu un estudo interdisciplinar sobre plantas invasoras. Dirixido pola profesora Pura González, esta actividade foi un traballo interdisciplinar entre varios departamentos (ciencias sociais, ciencias da natureza, matemáticas) e empregou a metodoloxía da Aprendizaxe Cooperativa. ( categories: )
![]() |