Resultados da enquisa: A reciclaxe de residuos no IES Escolas Proval
Enviado por iesproval o Mér, 2015-06-24 18:12
Durante o mes de maio os alumnos de PCPI 2 Común e ESA 4 (Módulo Científico-Tecnolóxico) realizaron un traballo para poñer en práctica os contidos vistos no tema de Estatística. O obxectivo deste traballo era coñecer os hábitos e opinións que o alumnado, profesorado e persoal administrativo tiñan respecto da reciclaxe de residuos (papel, plásticos,...) no propio centro educativo. Para tal fin deseñouse un modelo de enquisa e se realizouse unha mostra de 130 entrevistas entre a poboación do IES Escolas Proval. Posteriormente os resultados do traballo de campo foron agrupados convenientemente e mediante un programa informático (folla de cálculo) se elaboraron diferentes tipos de gráficos (diagramas de barras e de sectores) para amosar os resultados da investigación. Na seguinte exposicións pódense apreciar ditos resultados e comparar en cada pregunta das entrevistas as opinións de alumnado, por unha banda, e profesorado e persoal administrativo pola outra.
|