Enerxías alternativas

As 5R da Reciclaxe

Enviado por javierdiz o Xov, 2018-02-22 21:31
22/02/2018 20:23
Europe/Madrid

O concepto tradicional de reciclaxe baseado nas 3R (reutilizar, reducir, reciclar) está sendo superado por outro máis amplo de 5 pasos: as 5R da reciclaxe. Ás anteriores R engádense dous pasos previos que tratan de evitar a adquisición de produtos pouco sostibles e alongar todo o posible o seu ciclo de vida. Así, as 5R quedan:

1) REXEITAR: non mercar ou usar productos pouco sostibles ou non reciclables

2) REPARAR: prolongar o ciclo de vida dos obxectos tratando de reparalos cando se estropean no canto de tiralos e mercar un novo.

3) REUTILIZAR: usar os obxectos varias veces ou darlles un novo uso antes de tiralos.

4) REDUCIR: cando non queda máis remedio que desbotar algo, que sexa a menor cantidade posible, co mínimo peso e volume dos resíduos.

5) RECICLAR: unha vez desbotado un artigo separa os seus compoñentes (plásticos, metais...) para que se poidan recuperar por separado e se usen na fabricación de novos produtos, pechando así o ciclo de vida dos materiais.

 

RECURSOS DIDÁCTICOS:

 

 

( categories: )

Reciclando

Enviado por iesproval o Mar, 2017-02-21 13:06

Sensibilización da importancia do reciclado con esta actividade desenvolta polo alumnado de 1º de ESO

Resultados da enquisa: A reciclaxe de residuos no IES Escolas Proval

Enviado por iesproval o Mér, 2015-06-24 18:12

Durante o mes de maio os alumnos de PCPI 2 Común  e ESA 4 (Módulo Científico-Tecnolóxico) realizaron un traballo para  poñer en práctica os contidos vistos no tema de Estatística.
O obxectivo deste traballo era coñecer os  hábitos e opinións que o alumnado, profesorado e persoal administrativo tiñan respecto da reciclaxe de residuos (papel, plásticos,...) no propio centro educativo.
Para tal fin deseñouse un modelo de enquisa e se realizouse unha mostra de 130 entrevistas entre a poboación do IES Escolas Proval.
Posteriormente os resultados do traballo de campo foron agrupados convenientemente e mediante un programa informático (folla de cálculo) se elaboraron diferentes tipos de gráficos (diagramas de barras e de sectores) para amosar os resultados da investigación.
Na seguinte exposicións pódense  apreciar ditos resultados e comparar en cada pregunta das entrevistas as opinións de alumnado, por unha banda,  e profesorado e persoal administrativo pola outra.

( categories: )

Eclipse 20 de marzo de 2015

Enviado por javierdiz o Dom, 2015-03-22 00:18
00/00/
Array

O 20 de marzo de 2015 houbo un eclipse parcial de sol que se puido observar en Galicia entre as 9 a 11 da mañá (8 e 10 UTC). A estación meteoproval rexistróu as variacións de temperatura e radiación solar causadas polo eclipse, que se poden observar nas gráficas axuntas.

 

 

 

( categories: )

Xornadas Solares do Val Miñor 2013

Enviado por iesproval o Mér, 2013-06-19 19:58


O xoves 20 de xuño disfrutaremos, entre outras actividades, das seguintes:

  • Exposición do material da aula de enerxías renovables no claustro. Profesorado de Electrónica e grupo RRR. Apartir de 2ª hora.
  • Charla e posterior demostración “Aproveitamento do aceite usado nos motores diesel”, a cargo de César Lema. 3ª – 4ª horas.
  • Demostración de cociñas e enxeños solares, reparto de premios RRR, demostración de uso de bicicleta eléctrica. A partir do 2º recreo.

E tamén unha ximcana organizada polo departamento de Educación Física

( categories: )

Xornadas Solares do Val Miñor 2012

Enviado por iesproval o Mar, 2012-05-15 13:35
15/05/2012
Europe/Madrid

foz minorO 21 de xuño (solsticio de verán) celebraremos o día do sol cunha conferencia e obradoiro de cociña solar. Será de 18:30 a 21:30 e contaremos coa presencia de dous científicos de nivel. Animádevos a participar!

PROGRAMA PRELIMINAR

18:30h – Recepción dos participantes e exposición sobre
enerxías renovables no claustro do IES Escolas Proval

19:00h – Conferencia: “A Cociña Solar como
instrumento de Desenvolvemento Sustentable”
Prof. Pedro Serrano, Univ Técnica FSM (Chile)

20:15h – Demostración de construción de cociñas
solares de tipo funil
Prof. Celestino Ruivo e Javier Diz

21:30h – Remate da actividade con degustación de
“tapas solares”

PRAZAS LIMITADAS!

Prégase confirmar asistencia mediante correo electrónico a: enerxiasproval@gmail.com indicando os nomes dos asistentes e correo de contacto.

( categories: )

Dia Solar Europeo 2012

00/00/
Array

 

ACTIVIDADES DÍA SOLAR EUROPEO 2012

( categories: )

Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos

Enviado por javierdiz o Mér, 2012-01-04 12:03
00/00/
Array

Este ano foi declarado pola ONU como o "Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos". O acceso á enerxía supón acceso á educación, á saúde, á creación de traballo e riqueza e á reducción das desigualdades. Máis información en:

http://www.un.org/es/events/sustainableenergyforall/

 

( categories: )

Bicicleta eléctrica do IES

Enviado por javierdiz o Mar, 2011-11-01 22:07
00/00/
Array

A Aula de Enerxías Renovables conta desde setembro cunha bicicleta eléctrica que se pode usar para demostracións, prácticas ou calquera outro uso que se determine. Vai axunto un pequeno manual coas características e recomendacións de uso.

tucano estilo std

( categories: )

Dia Solar Europeo 2011

Enviado por javierdiz o Ven, 2011-03-25 12:19
00/00/
Array

Este ano celébrase a IV Edición do Día Solar Europeo do 9 ó 15 de maio. Haberá eventos relacionados coa enerxía solar en 17 países, o noso centro participará coas seguintes actividades:

 

1) Curso de formación do profesorado “Aplicacións tradicionais e innovadoras da enerxía solar”

Este curso, que está organizado polo CEFORE (Centro de Formación e Recursos) de Vigo, impartirase no noso centro do 6 de maio ó 4 de xuño. No curso abordaránse diferentes temas relacionados coa enerxía solar, arquitectura bioclimática, cociña solar, vehículos eléctricos e didáctica das enerxías renovables. O curso será impartido por persoal do centro e contará coa colaboración de diversos expertos externos.

 

2) “Taller de iluminación eficiente”

Esta actividade consistirá na experimentación con diferentes tipos de lámpadas con diodos led e a súa montaxe en forma de paneis explicativos para formar unha pequena exposición. Os paneis elaborados exporánse na Semana das Ciencias a celebrar no instituto durante o mes de abril.

 

3) “Taller de construción de fornos solares de tipo caixa”

Esta actividade consistirá na montaxe de fornos solares elaborados con materiais de baixo custo como caixas de cartón, papel aluminio e cuberta de vidro ou plástico.

 

4) “Construción dun forno solar con tubos de baleiro”

Esta actividade consistirá na montaxe dun forno solar que utiliza tubos de baleiro de tipo heat-pipe como elemento de captación de radiación. Este tipo de forno non precisa reorientación (como sucede cos sistemas de concentración) o que permite a súa fácil integración arquitectónica e podería convertirse nun elemento cotián nas vivendas do futuro.

 

5) “Enerxía solar e auga: pasteurización e destilación solar”

Esta actividade consistirá unha charla explicativa sobre a problemática da agua potable no mundo e cómo pode axudar a solucionala a enerxía solar a través de dúas técnicas: a pasteurización e a destilación solar. A continuación comenzará un taller de construción e utilización de ambos dispositivos (no caso da pasteurización empregaránse os fornos elaborados nas actividades anteriores ou cociñas solares de tipo panel con trampa de calor e se verificará que acada a temperatura precisa mediante termómetro ou cun dispositivo indicador específico como o WAPI de Solar Cookers).

 

Estas actividades realizaránse ó longo dos meses de abril e maio en datas a determinar, tratando de concentralas nas datas de celebración do Día Solar Europeo (9-15 de maio). Como complemento se repetirá algunha das actividades de edicións anteriores, como o obradoiro de “fotosaltóns”, as experiencias de cociña ou outras.

Máis información en: http://www.diasolar.es

( categories: )
Distribuir contido