User login |
SecretaríaHorario atención ao público da SecretaríaSubmitted by iesproval on Sat, 2017-10-28 12:13
O horario de atención ao público da Secretaría é de luns a venres de 9 a 14 horas. ( categories: )
RECOLLIDA DE CERTIFICADOS E INFORMACIÓNSubmitted by iesproval on Thu, 2017-10-26 12:59
Seguindo a normativa vixente recollida na Ley Orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, non se entregará documentación nin se revelará información, agás ó titular ou persoa debidamente autorizada por este, ou representante legal no caso de menores.
( categories: )
Distribución de máscaras entre o alumnadoSubmitted by iesproval on Tue, 2020-11-17 12:13
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado nos niveis de ensino obrigatorio e educación especial. Beneficiarios: 1. O alumnado ao que se lle condeceu a axuda para adquirir material escolar no curso 20/21 (non necesita facer solicitude, pois o centro xa lle asigna as máscaras directamente no prazo establecido). Prazo para de solicitude: Do 16 ao 27 de novembro (Secretaría do centro 9:00-14:00 h.) Procedemento: 1. Descargar e cubrir o impreso de solicitude (Anexo I) e entregalo no centro (tamén poden recollelo en papel no centro). IMPORTANTE: O centro comezará coa repartición de máscaras a partir do día 27 de novembro directamente entre os beneficiarios da axuda de material escolar; o restante alumnado solicitante terá que agardar á resolución da Xunta. ( categories: )
Erasmus+ en DiverLanhosoSubmitted by iesproval on Fri, 2020-11-06 19:06
A nosa alumna Rosa Iglesias, do ciclo medio de Xestión administrativa en oferta modular, está realizando o módulo de FCT cunha bolsa de mobilidade Erasmus+ en DiverLanhoso, un parque de aventuras (senderismo, escalada, tirolina, rafting, paintball...), preto do Parque Nacional Peneda Gerês. Aprendizaxe e diversión inesquecible alén Miño! ( categories: )
Información CoronavirusSubmitted by iesproval on Thu, 2020-09-24 15:16
Estimadas familias: Para calquera información que nos queiran transmitir relacionada coa COVID-19, rogamos que se poñan en contacto con nós a través do número de móbil 681200817 (preferiblemente) ou do número 886110365. Lembren realizar diariamente antes de saír da casa a “Enquisa de autoavaliación” para comprobar se teñen algún síntoma da covid-19. No caso de telo, cómpre ficar na casa, pórse en contacto co EquipoCovid do instituto (nos números abaixo indicados) para comunicar a ausencia e, sobre todo, chamar ao centro de saúde correspondente parar falar directamente co/a pediatra (antes dos 15 anos) ou médico de cabeceira. Grazas, EquipoCovid do Proval.
AVISO IMPORTANTE: Nestes momentos non temos constancia ningunha da existenia de positivos en COVID-19 entre a nosa comuidade educativa. ( categories: )
Inicio curso ciclos formativosSubmitted by iesproval on Wed, 2020-09-23 10:26
Para consultares o calendario de presentación e inicio de curso de todos os ciclos formativos de Administrativo e Electrónica preme no enlace.
Para visualizar os horarios dos respectivos ciclos de Xestión administrativa e Instalacións de telecomunicacións preme nos enlaces da táboa:
( categories: )
Plan de acollida 2020-21Submitted by iesproval on Tue, 2020-09-22 19:01
Para consultar o Plan de acollida do IES Escolas Proval para este próximo curso 2020-21, premede no enlace. ( categories: )
Plan de acollidaSubmitted by iesproval on Tue, 2020-09-22 18:59
Para consultar o Plan de acollida para o novo curso escolar 2020-21, premede no enlace. ( categories: )
Aprazamento presentación ciclosSubmitted by iesproval on Tue, 2020-09-22 13:45
A presentación de ciclos medios e superiores de Administración e Electrónica, tanto de diúrno como nocturno, adíase para o próximo luns día 28 de setembro. ( categories: )
Inicio de curso 2020-21Submitted by iesproval on Fri, 2020-09-18 21:58
Desde o IES Escolas Proval informámolos de que por fin comezamos o novo curso escolar 2020-2021 mantendo a presencialidade en todos os niveis. Como saben, o inicio das clases realizarase de forma escalonada os días 23, 24 e 25 de setembro e no horario lectivo habitual (8:45-14:30 horas). Este ano comezamos con moitas ganas e algunha incertidume, pero asegurámoslles que levamos moitas semanas traballando para garantir un regreso seguro ás aulas e poder mantermos un ensino de calidade. Habilitamos todos os espazos do centro, tanto interiores como exteriores, conforme ao protocolo COVID, asegurando a máxima protección do noso alumnado e de toda a comunidade educativa. Con todo, precisamos da súa colaboración para reforzar as normas de seguridade desde o ámbito familiar. Ademais, é imprescidible que entreguen na conserxería do centro, debidamente asinada e antes do día 23 (en horario de 9:00-14:00 e de 16:00-20:00), a Declaración responsable pola que se comprometen a realizar a diario a Enquisa de Autoavaliación clínica da COVID e a NON enviar ao centro o seu fillo ou filla se presenta síntomas compatibles coa COVID-19. Estes dous documentos poden descargalos nos enlaces anteriores ou pedilos no centro; tamén se lles entregará a todas as familias que acudan á reunión do próximo luns 21 de setembro. Así mesmo, achegamos outros dous documentos relacionados co protocolo Covid: "Guía-resumo das instrucións para a adaptación dos centros educativos" e "Guía de volta segura as aulas". Grazas de antemán pola súa comprensión, e desexámoslle moito ánimo e saúde! ( categories: )
![]() |
Events
|