Skip to Content

Secretaría

Calendario Avaliacion Extraordinaria 2019-20

Para consultar o calendario coas probas de avalación extraordinaria de setembro para ESO, bacharelato e FPB I, prema no enlace.

 

Listaxe provisional Fondo Libros

Publicada a listaxe provisional de admitid@s e excluíd@s nas axudas do Fondo solidario de libros e vales de material escolar para o curso 2020/21. Poden consultar o estado do seu expediente (reparto de libros do fondo e vales) presencialmente no taboleiro de anuncios da secretaría do centro ou por vía electrónica accedendo ao menú "cidadán" da aplicación telemática Fondolibros (empregando a Chave 365 ou o certificado dixital). No caso de estraren excluíd@s, poderán presentar a correspondente reclamación na secretaría os próximos 15 e 16 de xullo. O alumnado que teña que examinarse de materias en setembro, e que por tanto deba formalizar a matrícula nese mesmo mes, aparecerá na listaxe como "pendente" e deberá agardar a resolución defintiva que se publicará en setembro.

Os vales de material escolar poderanse recoller na secretaría do centro desde o martes 28 de xullo ao venres 31 de xullo; con todo, e para evitar aglomeracións, recomendamos que se respecte na medida do posible o seguinte calendario:

28 xullo vales para 1º ESO
29 xullo vales para 2º ESO
30 xullo vales para 3º ESO
31 xullo vales para 4º ESO

 

 

 

Listaxe provisional Fondo de libros 2020/21

Publicada a listaxe provisional de admitid@s e excluid@s da axuda do fondo solidario de libros e material escolar para o curso 2020/21. Poden consultala na aplicación telemática "fondolibros" ou no taboleiro de anuncios da secretaria do IES Escolas Proval. A resolución definitiva do alumnado con materias pendentes publicarase en setembro.

O alumnado excluído poderá iniciar as reclamacións oportunas o 15 e 16 de xullo.

 

 

Listaxes provisionais de admisión a ciclos

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos de formación profesional en réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas en modalidade presencial e en modalidade a distancia.

prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o luns 13 de xullo ata as 13:00 h. do mércores 15 de xullo de 2020, e deberase realizar no centro de entrega onde se presentou a solicitude.

Véxanse no enlace as instrucións para a consulta.

Calendario escolar 2020/21

Poden consultar o calendario escolar para o curso que vén no seguinte enlace.

Syndicate content


by Dr. Radut