Skip to Content

Complementarias

Buscando a Pi en Palexco

Alumnado de Proval estivo na Feira Matemática de Agapema onde, a maiores de amosar diversos traballos de investigación arredor do número Pi, deseñaron este vídeo buscando a Pi.

Proval na Regata Solar 2018

  Os alumnos do ciclo superior de Mantemento electrónico participaron na terceira edición da Regata Solar que se desenvolveu o sábado 23 de xuño en Baiona baixo o patrocinio de Marine Instruments.

  Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> RegataSolar2018

Colaboración coa Misión biolóxica de Galicia

   O departamento de bioloxía e xeoloxía colabora coa Misión biolóxica de Galicia, no proxecto europeo sobre a estimación da taxa de depredación do carballo, Quercus robur, empregando eirugas falsas, co alumnado de 1º de bacharelato.

   Este proxecto está coordinado pola profesora e investigadora da MBG Andrea Cortegoso. No dito proxecto realizáronse varias intervencións nos meses de maio e xuño, segundo o protocolo europeo publicado no enlace https://sites.google.com/view/aboutoaks/

  Seleccionando a fotografía inferior pode visualizarse o álbum completo desta actividade

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> AsEirugas

Alumno de Electrónica de Proval, seleccionado para o CERN

Abel Núñez, alumno do Ciclo Formativo de Grao Superior Mantemento Electrónico do IES Escolas Proval ven de ser seleccionado para traballar no CERN.

Noraboa, Abel!!

 

Enlaces a esta nova na prensa:

Actividade de Seguridade Vial

O pasado venres 18 de maio o alumnado de 1º ESO participou nunha Xornada de Educación Vial organizada por Protección Civil e Policía Local de Nigrán

Seleccionando a fotografía inferior pódese ver o álbum completo desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> EducacionVial
Syndicate content


by Dr. Radut