Skip to Content

Complementarias

Francisco Castro en Proval

Francisco Castro, escritor e director da editorial Galaxía, visitou o noso centro en decembro. Deulle unha charla ao alumnado de 1º de ESO, que leu o seu libro Chamádeme Simbad neste trimestre, na materia de Galego. O acto rematou coa sinatura de libros.

 Agradecémoslle a Francisco Castro que viñese compartir o seu tempo e experiencias connosco.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> FranciscoCastro

Intercambio Francia 2019

14 alumnos de 3º de ESO do noso centro, viaxando con compañeiros do IES Terra de Turonio, estiveron de Intercambio en Châteaubourg (Bretaña Francesa) entre o 12 e o 21 de decembro. Visitaron Paris, mont Saint Michel, Saint Malo et Rennes.

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> IntercambioFrancia

Obradoiros de arquitectura aplicada

O pasado mes de xullo o alumnado do IES Escolas Proval participou nun obradoiro de arquitectura aplicada impartido polo arquitecto Victor G. Echave. Construiron cooperativamente cúpulas, aprenderon enxeñería e arquitectura e coñeceron de forma dinámica polígonos e poliedros básicos ademáis dos fundamentos das estructuras trianguladas.

 Neste vídeo podedes ver unha mostra deste traballo.

;

 

Magosto e Samaín 2018

 O xoves 15 de novembro celebramos o Magosto e o Samaín en Proval. Xogos populares, concursos de disfraces, portas, cabazas e postres así como un tunel do terror no Salón de usos múltiples foron as actividades organizadas para ese día. E, por suposto, castañas para todo o alumnado!

 Seleccionando a foto inferior pode verse o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> MagostoSamaín

Saída ao Galiñeiro

 O luns 1 de outubro o alumnado de ESO e de Ciencias da Terra e Xeografía e Historia de 1º Bacharelato participaron nunha saída ao Monte Galiñeiro. Esta xornada foi organizada polo Equipo de Normalización Lingüística coa colaboración da Comunidade de Montes de Vincios. Participaron tamén os seminarios de Galego, Bioloxía, Educación Física e Xeografía e Historia.

 O obxectivo foi o coñecemento e defensa do contorno natural polo que primeiro arrincáronse os eucaliptos que agromaron de xeito invasor e incontrolado despois dos incendios do ano pasado e despois visitáronse os petróglifos de Auga da Laxe. O alumnado de 1º de Bacharelato fixo dous itinerarios encamiñados a coñecer a xeoloxía do monte e o seu patrimonio cultural.

  Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum completo desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Galiñeiro
Syndicate content


by Dr. Radut