Skip to Content

Complementarias

2º Premio na V Olimpíada de Xeografía

O alumnado de 2º de Bacharelato de CC Sociais do noso centro ven de participar na V Olimpíada de Xografía, celebrada o pasado venres 22 de Febreiro na Facultade de Xeografía e Historia da USC.

Tras acadar o 2º posto, estamos clasificados para participar na Olimpíada a nivel estatal que se celebrara en Murcia no mes de abril

Selecciona a fotografía inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> OlimpiadaXeografía

Balea varada en Oia

De camiño á Garda aproveitamos para ver a balea varada en Oia

Seleccionando aquí pódense ver as fotos

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> BaleaAGarda

Estuario do Miño

O alumnado de 1º de ESO estivo observando aves no Estuario do Miño e visitando o castro de Santa Tecla, na Garda

Selecciona a foto inferior para visualizar o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> A Garda

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

O IES Escolas Proval súmase á celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia cunha exposición de mulleres que deixaron e deixan a súa pegada na sociedade a través da Ciencia.

Contaremos tamén coa visita de Beatriz García, que nos acercará ao mundo da ciencia e investigación cunha charla no noso centro

Selecciona a foto inferior para visualizar o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> NenaMullerCientifica

Dia da Paz

O luns 4 de febreiro celebramos en Proval o día da Paz. Tres alumnas de 4º recitaron varios poemas acompañados pola Rockestra Proval

Preme na foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> DiaPaz
Syndicate content


by Dr. Radut