Skip to Content

Curso 2017 18

Carlos Spuch en Proval

 O día 12 de abril visiotunos o Dr. Carlos Spuch, investigador senior do grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur. No seu laboratorio, localizado no Hospital Álvaro Cunqueiro, realiza investigacións en enfermidades neurodexenerativas e nos diferentes tipos de depresión, e tamén está interesado en coñecer como influen os hábitos de vida na aparición de patoloxías neurolóxicas.

 Nesta ocasión, ofreceu aos alumnos de Bioloxía e Xeoloxía de 4º ESO e 1º de bacharelato unha charla moi interesante sobre o desenvolvemento do cerebro humano, as complexas conexións neuronais, e a súa relación con enfermidades neurolóxicas coñecidas polos alumnos como o Alzheimer, a esclerose múltiple, ou co consumo de substancias adictivas. O alumnado amosou moito interese por estes temas científicos, comentando as súas propias observacións e facendo preguntas. Foi unha xornada moi proveitosa que esperamos poder repetir no futuro.

 Grazas Carlos!

Preme na fotografía inferior para visualizar o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Investigación cerebro

Estadía en prácticas de alumnado italiano

O venres 28 de abril acollemos a 5 alumnos e 3 profes italianos que se estiveron coñecendo o noso traballo nas aulas. Foi a primeira sesión de súa estancia na zona, que durará dúas semanas e durante as que este alumnado, co acompañamento dos seus profesores, estará realizando prácticas laborais.

 

  Concretamente, tres alumnos de electrónica  desenvoverán as súa prácticas en Star Electrónica mentres que dúas alumnas de administración estarán no Concello de Nigrán.

 

 

 

Coñecendo a depuradora de Gondomar

O alumnado de 1º de ESO visitou a depuradora de Gondomar co obxecto de aplicar os seus coñecementos sobre a depuración de augas e a contaminación das mesmas.

 Foi unha actividade organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega no marco do Proxecto RRR, que busca a toma de conciencia das consecuencias dos nosos hábitos da vida cotiá sobre o medio natural.

  Premendo a foto inferior pode visualizarse o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> DepuradoraGondomar

Plantación de árbores autóctonas no Monte Comunal de Couso

   Como en anos anteriores, o IES Escolas Proval colabora na reforestación con árbores autóctonas (carballo, loureiro, castiñeiro, acivro) no monte veciñal en mancomún, neste caso coa Comunidade de Montes de Couso que, como en anteriores ocasións, nos ofrece o seu espazo.

   Nas fotos podemos ver ao alumnado de 2º de ESO plantando árbores, no monte do Facho, en Gondomar. E tamén podemos ver ao alumnado de 1º de ESO que está a facer o viveiro, a partir de landras e castañas recollidas este ano, para poder sementar o curso que ven as arboriñas xa crecidas.

  Organizamos esta actividade dende o proxecto RRR que ten como obxectivo xeral o coidado do medio a partir da toma de conciencia da nosa incidencia nel.

Preme na foto inferior para ver o álbum desta actividade.

 

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> PlantacionCouso

Tres videos de alumnas no concurso Explícoche matemáticas 2.0

 Varias alumnas de 4º de ESO do noso centro participan con dous vídeos no concurso Explícoche matemáticas 2.0 organizado polo Servizo de Normalización Lingúística da USC.

  Se vos gustan estes vídeos, poñedelle un Gústame dende a páxina de Youtube (entrando dende o enlace Votar situado debaixo de cada título dos vídeos)

Son os seguintes:

 

Buscando aproximacións de Pi

mediante o método de Montecarlo

Acceder para votar

 

Realizado por:

Laura Álvarez

Clara Rey

(4º ESO)

 

Buscando Pi na circunferencia

Acceder para votar

Realizado por:

Nazaret Álvarez

Nerea Fernández

Naima Mera

(4º ESO)

Buscando aproximacións de Pi

mediante o método de Arquímedes

Acceder para votar

 

Realizado por:

Laura Álvarez

Clara Rey

(4º ESO)

 

 

 

Syndicate content


by Dr. Radut