Skip to Content

Curso 2017 18

Obradoiros de arquitectura e xeometría aplicada

 O venres 15 de xuño o alumnado do IES Escolas Proval participou nuns obradoiros de Arquitectura e Xeometría aplicada impartidos polo arquitecto Victor G. Echave. Aprenderon de enxeñería e arquitectura, construíron cooperativamente tódalas figuras a grande escala e coñeceron de forma dinámica e divertida os polígonos e poliedros básicos ademáis dos fundamentos das estructuras trianguladas.

  Esta actividade foi organizada polos Departamentos de Matemáticas, Física e Tecnoloxía.

 Premendo na foto inferior poderás consultar o álbum completo desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Palitroques

Viaxe ás Médulas

   Alumnado de 1º, 2º de ESO e de 1º de Bacharelato estiveron descubrindo a pegada romana no Bierzo. Visitaron Astorga e o castelo de Ponferrada, aloxándose nas cabañas do lago de Carucedo. Todo esto organizado polos Departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía, Linguas Clásicas e o Clube de lectura a principios do mes de xuño.

  Selecciona a fotografía inferior para visualizar o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> AsMedulas

Concurso de Fotografía O legado de Roma no Bierzo

Como actividade complementaria á Saída ás Médulas, os Departamentos de Xeografía e Historia, Bioloxía, Linguas Clásicas e o Clube de Lectura, organizaron un concurso de fotografía sobre o legado de Roma no Bierzo.

 Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> ConcursoFotoAsMedulas

Formación e primeiros auxilios

  Alumnado dos ciclos medio e superior (ordinario) asistiron a unha charla sobre primeiros auxilios  organizada polo Departamento de FOL.

 Selecciona a fotografía inferior para visualizar o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> PrimeirosAuxilios

Premio de Innovación a OlloSip de Proval

  Ollosip, proxecto coordinado polos profesores Carmen Currás e Fernando Rodríguez e desenvolto nas aulas como froito da colaboración entre o IES Escolas Proval e o IES Ricardo Mella de Vigo, ven de acadar un dos premios a Proxectos de Innovación da Consellería de Educación.

  Ollosip é un sistema que integra videovixiancia, control de accesos ou voz IP, entre outras prestacións e está desenvolto totalmente nos centros participantes en base a unha Raspberry Pi. Acaba de ser presentado na edición de Expelectrónica celebrada o 28 de maio no noso IES

  Así recolle a prensa este premio:

Syndicate content


by Dr. Radut