IES EDUARDO PONDAL

Artigos, Divulgación científica, Literatura, Poesía, Musica

Revista Rolling Stone (Marzo)

24 de Marzo 2010

   
Por se non o sabiades a revista Rolling Stone, revista variada de novas musicais, podedes
atopala na biblioteca na sección de revistas…

  
O número de marzo é realmente bo nos contidos:

  • Hai unha entrevista a Bunbury… o cal nunca che deixa
    indiferente
  • Veñen unha chea de persoas da cultura nacional dicindo cal é
    o seu músico favorito… Cal é o teu? Estás de acordo con eles?
  • Tamén atopamos unhos cantos artigos moi interesantes sobre
    personaxes imprescindibles como J. D. Salinger, escritor recentemente falecido,
    ou o fantástico director de cine Martin Scorsese, ou se queres algo diferente,
    anticípante as memorias de Patti Smith, musa do underground neoiorquino….
  • E moito máis... proba e ábrea... :))

THE SUNDAY DRIVERS

                                 

The Sunday Drivers formarónse en Toledo a finais do ano 1999. No ano 2000 e 2001 grabaron dúas maquetas de escasa repercusión. No ano 2002 foron fichados por Rock Indiana, discográfica ca que grabaron o seu primeiro disco The Sunday Drivers. (xullo 2002). Tocaron en moitos festivais: Espárrago, Lemon Pop, Supersónico, Autumn Almanac, Summer in the city….) No ano 2003 quedaron no primeiro posto no concurso de xóvenes artistas de Castilla la Mancha, terceiro premio na Villa de Bilbao. Acompañaron aos Jeevas e a Arlo nas respectivas xiras por España nos máis de 100concertos. Despois do verán do 2003 tiveron nova discográfica Mushroom Pillow e publicaron o disco little Herat attacks ( xunio do 2004). Comezaron unha xira de presentación do disco en festivais e cidades de toda Europa. O seu novo disco Tiny Telephone (editouse no 2007).

Os Sunday Drivers son o resultado do esforzo e o traballo. Moitos dos entendidos no mundo da música destacan a súa valía como grupo revelación.

 

Sebes contra o vento de Alfonso Álvarez Cáccamo

 

 

 

Álvarez Cáccamo, Alfonso, Sebes contra o vento, A Coruña: Editorial Espiral Maior Poesía, 2009, pp. 47, (ISBN: 978-84-92646-22-7).

Alfonso Álvarez Cáccamo (Vigo, 1952) publica o seu último poemario que leva o título de Sebes contra o vento. Iníciase a obra cunha dedicatoria ao seu irmán Pepe Álvarez Cáccamo e ao seu amigo da infancia Xosé Humberto Baena Alonso. Consta o poemario de vinte e oito poemas estruturados en dúas seccións sen título. O primeiro destes bloques presenta vinte e tres poesías de temática variada. Nos versos desta primeira parte aparecen numerosos elementos da natureza, onde destacan principalmente a auga e o vento. A dor da perda dos seres queridos tamén aparece nesta primeira sección e é un dos alicerces do poemario; destacan os poemas “O noso pai vai morrer mañá”, onde fala da morte do seu proxenitor, ou o poema “Despedinme de ti”, dedicado ao seu amigo de xuventude, Xosé Humberto Baena Alonso, o cal foi executado en 1975 polo réxime franquista. No segundo bloque do libro, o cal consta de cinco poemas, a temática varía notabelmente. Nestas poesías aparece o amor como elemento central, é o caso dos poemas: “Esvaiuse o sol”, “Fomos xuntos a sentarnos na pedra febril” ou “De ti non me afastei nin un minuto”.

Delicuencia informática

 
 Cada vez son máis frecuentes os delitos denominados "ciberpesca ou phishing", delitos informáticos dos que podemos protexernos. No número de marzo de Investigación y Ciencia tendes algunhas formas de diferenciar os cebos que buscan roubarnos información confidencial: números de seguridade, datos bancarios,... E xa que estamos, tamén tes interesantes artigos sobre impactos de asteroides, enfermidade tropicais ou a posibilidade de vida noutros universos, se existisen claro.

Carlos Núñez

Carlos Núñez Muñoz (Vigo, 1971) é un músico galego considerado como un dos mellares gaiteiros do mundo. No 2004 participou na banda sonora da película Mar Adentro do director Alejandro Amenábar.Naceu en Vigo o 16 de xullo de 1971 e comezou a tocar a gaita galega aos oito anos. Neto do escritor e pedagogo Albino Núñez  Domínguez , estudou no colexio Martín Codas de Vigo. Aos 12 anos invitárono a tocar na orquestra sinfónica de Lorient e en 1989 gravou xunto co grupo irlandés The Chieftains a banda sonora da película La Isla del Tesoro, cos que seguiría colaborando ata ser coñecido como “o sétimo Chieftain”. Núñez ademais completou a súa formación na ensinanza académica obtendo a cualificación de Matrícula de Honor e Premio extraordinario Fin de Carreira-cum laudem.- no instrumento flauta de pico polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.Carlos Núñez é un músico da música celta e no panorama internacional é considerado un erudito do tema. As súas investigacións siguen básicamente dúas liñas relacionadas entre si: a orixe da música celta e a súa fusión coas músicas do mundo actual. O seu interese polo tema levárono a percorrer o globo e a relacionarse cos músicos e artistas dos países que visitou para plasmalo na súa discografía.Obra discográfica : A Irmandade das estrelas (1996), Os amores libres (1999), Mayo longo (2000), Almas de Finisterre (2003), Todos os mundos (2004)., Cinema do mar ( 2005)

 

Distribuir contido