IES EDUARDO PONDAL

Artigos, Divulgación científica, Literatura, Poesía, Musica

Xoves Musicais. VAN MORRISON


O xoves 19 de novembro iniciamos unha nova actividade na biblioteca: "OS XOVES MUSICAIS",que consistirá nun percorrido polo panorama musical internacional a través de grupos ou músicos aos que os rapaces non están afeitos. A idea que pomos en marcha terá lugar nos recreos e ademáis de reproducir música teremos a oportunidade de coñecer tanto as andainas como a discografía dos autores que promocionemos.

ANIMÁDEVOS A ENTRAR NA BIBLIO OU NA NOSA PÁXINA PARA SABER MÁIS 

 

 

George Ivan Morrison (Belfast, Irlanda del Norte, 31 de agosto de 1945), máis coñecido como Van Morrison,é un cantante compositor e músico norirlandés, con gran dominio de instrumentos como a armónica, guitarra, saxofón e o piano. Debido a súa característica voz e á mestura da música folk, blues, country e gospel que frecuentemente realiza nas súas cancións, Morrison é amplamente considerado un dos cantantes e músicos máis influíntes da música contemporánea. Sobor del críticos musicais chegaron a dicir que "ningún home branco canta como Van Morrison".

Coñecido como Van the Man polos seus seguidores,ou como "O León de Belfast" Morrison comezou a súa carreira como cantante do grupo Them. Uns anos máis tarde, Morrison abandonou o grupo para iniciar unha carreira en solitario. Co paso dos anos, Van Morrison conseguiu un rexistro musical propio. Gran parte da súa música está estructurada ao redor das convencións do soul americano y do R&B blues nos temas "Brown Eyed Girl", "Moondance", "Into the Mystic", "Domino" e "Wild Night". Outra parte do seu catálogo componse de etapas musicais inspiradas na tradición celta e no jazz , como ocurre nos álbumes Astral Weeks, Veedon Fleece e Common One. Ámbalas partes son denominadas conxuntamente como "Celtic Soul".

A carreira musical de Morrison, que abrangue cinco décadas, influiu en numerosos artistas musicais. Foi elexido para o "Salón de la Fama del Rock" en 1993 e para o "Salón de la Famade los Compositores" en 2003. No ano 2000, Morrison quedou clasificado na vixesimoquinta posición da lista dos cen mellores artistas de rock'n'roll, realizada pola cadea de televisión VH1, e en 2004, a revista musical Rolling Stone estableceu a Van Morrison no posto 42 da lista dos 100 mellores artistas de tódolos tempos.

 

E AGORA … ¿HAI ÁGORA?

 
 

  “ Ágora “ era a praza pública das polis gregas helenísticas, encrucillada de ideas, confluencia de opinións (multiculturalismo, que diríamos hoxe ) …de aí o título do filme de Amenábar. Máis o virus do fanatismo acababa, demasiadas veces, esnaquizando esta convivencia como as cortantes tellasdos dogmáticos esgazaran o corpo da científica Hipatia.

  E, hoxe en día, que semella ( ou iso queremos crer ) que o “ ágora “ está na nosa Europa Occidental, en moitas partes do mundo séguense afiando as tellas do radicalismo, prestas a esnaquizar as nacentes democracias.

 No número de novembro de “ Nacional Geographic" podedes observar un exemplo disto: Indonesia, o arquipélago das dezasete mil cincocentas illas e culturas diversas, sofre, na actualidade, o pulso entre o "Islam sorrinte" e o integrismo, que ameaza, cal novo maremoto, asolagar o Sudeste asiático.

  ¿Queredes saber algo máis sobre o tema? Asomádevos á revista pero … ¡tede conta os que padecedes da vertixe, xa que hai nela árbores de máis de cen metros de altura!  

 

María das Batallas

Conde, Alfredo, María das Batallas, Vigo: Editorial Galaxia, col. Literaria, n.º 245,
2007, 306 pp. (ISBN: 978-84-7154-114-7).

Novela que narra o acontecemento histórico vivido na Coruña cando María Pita
defendeu a cidade do ataque das tropas de sir Francis Drake. O nó da novela céntrase na
figura da heroína, pero sen continuar a visión romántica da personaxe, céntrase noutros
detalles coma os numerosísimos preitos que sostivo ao longo da súa vida e os intereses
non sempre heroicos que a animaban, como a pretensión de ser alférez ou a de lograr do
Rei a franquicia para comerciar co viño de Porto, cousas que non lle foron concedidas.
A novela de Alfredo Conde (Allariz, Ourense, 1945) supón un total achegamento á
época histórica. Dende o punto de vista estrutural a obra está dividida en diversos
capítulos a modo de diario no que se recollen as datas e a localización dos
acontecementos.

Por fin temos unha revista científica na biblioteca

Investigación y Ciencia é a versión española de Scientific American e ofrece información sobre os avances científicos e técnicos en todo o mundo.

 

O bosque dos raposos aforcados,

 

Paasilinna, Arto. O bosque dos raposos aforcados, Editorial Rinoceronte, 262 pp.
Oiva Juntunen é un delincuente de pouca monta que consegue roubarlle varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. A vida sorrille a este novo rico mentres os seus cómplices están no cárcere, pero cando estes saen e lle van reclamar a súa parte do botín, Oiva prefire fuxir ás recónditas paraxes da Laponia finlandesa antes de entregarlles un só gramo do seu prezado metal amarelo a aqueles maleantes sen estilo. Naquelas frías terras do norte coñece ao comandante Remes, militar alcólico co que acaba vivindo unha serie de estrafalarias aventuras no límite entre a realidade e o absurdo.
Arto Paasilinna (Kittilä, Finlandia, 1942) presenta nesta súa última novela, O bosque dos raposos aforcados unha historia enigmática e desconcertante. A súa escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis tráxicas e estranas, que ambienta sempre nunha natureza vista con respecto e amor, e protagonizadas polos seus prototipos de homes finlandeses, algo anárquicos e individualistas. Traducido xa a decenas de linguas, O bosque dos raposos aforcados é o primeiro libro que se verte do finlandés ao galego.


Distribuir contido