Musica

QUEEN

 

 Grupo de rock británico fundado en 1968 por Brian May e Tim Staffell co primeiro nome de Smile. En 1970 únese a eles o batería Roger Taylor e pouco despois abandona o grupo Staffel e incorpórase o xa lexendario cantante da banda Freddy Mercury, cambiando o nome polo de Queen. A razón deste nome débese a que os integrantes da banda buscaban algo que fose identificativo e doado de coñecer por calquera persoa do mundo. Un ano máis tarde, en 1971 únese John Deacon como baixista e quedaría pechada a formación do grupo que nunca experimentou cambios ata a súa desaparición.

O seu primeiro grande éxito foi en 1975 con"Bohemian Rhapsody", escrita por Freddie. En 1976 publican A day at the races e en outubro de 1978 News of the world que contén a simbólica canción "We are the Champions. Mercury xunto a cantante de ópera Monserrat Caballé gravan un disco que incluía a canción "Barcelona" que foi tomada como tema dos xogos olímpicos celebrados nesa cidade en 1992. O 23 de novembro de 1992, Freddie anuncia publicamente que padece SIDA e morre ó día seguinte.

Roger , John e Brian editan 'Made in Heaven' en 1995 con temas nos que traballou Freddie antes de morrer. A partir deste punto, a banda deixou de tocar e soamente publicou numerosos recopilatorios.

( categories: )

ANTONIO VEGA

 

Acábase de cumprir un ano do falecemento do músico madrileño Antonio Vega e dende a nosa biblioteca queremos renderlle  unha pequena e sentida homenaxe a este monstro do pop español

Antonio Vega Tellés naceu en Madrid en decembro de 1957  e xa de moi novo , en 1978,  montou a banda Nacha Pop xunto co seu curmán Nacho García Vega e xuntos lanzaron un dos seus maiores éxitos Chica de ayer seguido doutros durante os nove anos que durou a formación  como Buena disposición (1982); Más números, otras letras (1983); Una décima de segundo (1984); Dibujos animados (1985) y El momento (1987), mais o cansazo e os problemas coas drogas de Antonio levaron á disolución do grupo. Pouco mais tarde Vega comezou a súa carreira en solitario cun estilo máis intimista pero  que tivo desiguais resultados. Entre o mellor desa etapa destacaremos El sitio de mi recreo, baladas que mesturaban o mellor da súa colleita en solitario co seu típico son en Nacha Pop.Desde entón colaborou con numerosísimos artistas do panorama musical español dado o seu prestixio e non parou de editar discos e xirar por teatros ata que o sorprendeu a morte con 51 anos vítima dun cancro de pulmón que lle fora detectado meses antes.

 

( categories: )

JAMIE CULLUM

 

 

Jamie Cullum,   cantante inglés de jazz e pop

 

Jamie Cullum naceu en Wiltshire (Inglaterra) e empezou a súa carreira musical aos 16 anos tocando en bares, clubs e hoteis da súa vila. Mudouse a  Londres onde se puxo a tocar no Pizza Express, no Soho.
En abril de 2003, con 24 anos, asina un contrato millonario coa mellor discográfica de jazz, “Universal Classics and Jazz” que invirte na nova promesa 1 millón de libras esterlinas. No contrato, a discográfica comprometérase a gastar un millón de libras esterlinas na grabación e promoción da súa música, despois de varios álbumes ao longo dos seus 5 seguintes anos de carreira musical. 
 
Ese mismo ano aparece en Gran Bretaña o seu   primeiro álbum, “Twenty Somenthing” e rapidamente pasa a ser o álbum mais vendido ao longo da historia da música en Inglaterra. Jamie Cullum pasa a ser o artista que máis discos vendeu   no seu país natal, 850.000 copias e dous discos de platino en só 4 meses. 
 
Jamie Cullum obtivo o premio ao "Mellor artista Novo" na ‘BBC National Radio 3 Jazz Awards’ e tamén foi nominado como "Artista Revelación" na cerimonia de entrega dos premios Brit, xunto con The Darkness, y Dizzee Rascal.  
 
Pouco despois, co seu gradísimo éxito, Jamie levou a súa música á Estados Unidos por primeira vez. Estivo actuando durante tres semanas en The Oak Room, do hotel The Algonquin, en Nova Iorque, sendo o primeiro músico europeo branco en entrar nese santuario do jazz norteamericano. As boas críticas recibidas do New York Times o día despois do concerto abríronlle  as portas ao publico norteamericano. 
 
Tras o grande éxito en Estados Unidos, viaxou por Europa onde ten realizadas  2 xiras nas que tamén tivo grandes éxitos.
 
( categories: )

JOAN MANUEL SERRAT canta a MIGUEL HERNÁNDEZ

Joan Manuel Serrat i Teresa (Barcelona, 27 de decembrode 1943) é un cantautor, compositor, intérprete, poeta e músico español.
Trátase dunha das figuras máis destacadas da canción moderna tanto en lingua española como catalana.
A súa obra ten influencias doutros poetas, como Mario Benedetti, Antonio Machado, Miguel Hernández, Rafael Alberti, Federico García Lorca, Pablo Neruda ou León Felipe entre outros; así como de diversos xéneros, como o folclore catalán, a copla española, o tango, o bolero e do cancioneiro popular de Latinoamérica, pois versionou cancions de Violeta Parra e de Víctor Jara.
É un dos pioneiros do que se chamou a Nova Cançó catalana. Joan Manuel Serrat é coñecido tamén polos alcumes de El noi del Poble-sec (‘o neno de Poble Sec’, o seu barrio natal) e o Nano en Arxentina.

( categories: )

Revista Rolling Stone (Marzo)

24 de Marzo 2010

   
Por se non o sabiades a revista Rolling Stone, revista variada de novas musicais, podedes
atopala na biblioteca na sección de revistas…

  
O número de marzo é realmente bo nos contidos:

  • Hai unha entrevista a Bunbury… o cal nunca che deixa
    indiferente
  • Veñen unha chea de persoas da cultura nacional dicindo cal é
    o seu músico favorito… Cal é o teu? Estás de acordo con eles?
  • Tamén atopamos unhos cantos artigos moi interesantes sobre
    personaxes imprescindibles como J. D. Salinger, escritor recentemente falecido,
    ou o fantástico director de cine Martin Scorsese, ou se queres algo diferente,
    anticípante as memorias de Patti Smith, musa do underground neoiorquino….
  • E moito máis... proba e ábrea... :))

( categories: )
Distribuir contido