IES EDUARDO PONDAL

Artigos, Divulgación científica, Literatura, Poesía, Musica

Borneo, o momento da verdade.

 

Borneo, coma moitas outras illas é un pasaíso de biodiversidade. Nos seus bosques primarios viven animais coma o orangután, en serio perigo de extinción. Pero estes bosques están sufrindo continuas agresións; incendios, explotacións mineiras, sobreexplotación madereira, ... Probablemente  unha das agresións máis descoñecidas é a provocada polo cultivo da palma africana, tratada no artigo deste mes de decembro de National Geographic: Borneo, o momento da verdade.

 

El Universo para curiosos

 

O ano 2009 foi declarado pola Unesco "Ano internacional da Astronomía" buscando aumentar os coñecementos da sociedade sobre astronomía, un obxectivo que cumpre sobradamente este libro.

Grazas á peculiar estrutura elixida por Nancy Hathaway  poderemos solucionar moitas dúbidas sobre a historia, orixe, evolución ou a estrutura do universo.

Se queres saber cando nos espera unha choiva de estrelas, de onde veñen os cometas ou se existe vida extraterrestre non deixes de ler este libro.

 

AIRE NEGRO

Aire negro, ou o vezo de negar o horrendo

aire negro

Ás veces, o creador de historias é quen de tecer tramas, ambientes, atmosferas ... que co verniz da sinxeleza atraen, inmisericordes, a vontade dos lectores, aínda cando estes sexan lectores forzados.
     Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947) é un deses creadores. Dá igual que no interior das súas historias aparezan seres fantásticos, o irracional, o insólito, ... a sinxeleza narrativa e os feitos tan ben medidos perseguen ao lector en compaña duns personaxes atraídos por un terror descoñecido e negado desde a razón.
     Xa o fixera en Cartas de inverno (21ª ed.) ou O centro do labirinto (12ª ed.) con evidente éxito e, por suposto, repite en Aire negro, unha noveliña que xa supera as dez edicións e non será só porque o obrigan na escola! Fernández Paz xa ten un público fiel detrás. Se buscas as sensacións do horror cun libro na man e a manta sobre as pernas, segue os pasos de Laura Novo e o doutor Moldes, protagonistas do viciado ambiente de Aire Negro.

Autor: Agustín Fernández Paz. Colección Fóra de Xogo, 42. Editorial: Xerais, Ano de publicación: 2000.
     Premio de Literatura Protagonista Jove 2001, IBBY Honour List 2002, White Ravens 2001. 

 

Os cazadores de papaventos

cometas en el cielo

Autor: Khaled Hosseini


    "Cometas en el cielo" é, sen dúbida, un dos libros máis atraentes dos últimos anos, e así pensan os lectores de máis de 6 millóns de exemplares vendidos por todo o mundo. Este libro conta a historia de dous amigos de 12 anos, Amir e Hassan, criados no Afganistán dos anos 70, unha amizade que, como o país de entón, está chea de colorido e intensidade de emocións, mais a loita polo amor do pai de Amir fai naufragar ese sentimento ao tempo que o país vai a pique...Trátase dunha busca de afecto e perdón, un percorrido máis que doloroso a través de acontecementos políticos e sociais que cambiaron non só o mundo dos protagonistas, senon tamén o noso .

Los Dioses están inquietos

 

Vivir a la sombra de los volcanes de Indonesia

 

 

     Imaxina o que sería vivir baixo a ameaza constante dunha erupción volcánica. Volcanes activos como el Semeru e o Bromo son portas de acceso a un mundo subterráneo que moldea non só as paisaxes de indonesia, senón tamén as crenzas e a cultura dos seus habitantes.

     Se queres ver unha erupción aquí tes a do Volcán de Fuego de Guatemala en 2007.

 

 

Distribuir contido