IES EDUARDO PONDAL

Artigos, Divulgación científica, Literatura, Poesía, Musica

Un tesouro arrecunchado dentro doutro

 

Por unha desas ironías do destino, unha nao portuguesa – o equivalente a un transbordador espacial do S. XVI – que ía na procura dun tesouro de cor vermella intensa encallou, tras tres meses de singladuras, no seo doutro tesouro,  esmaltado de relocentes pedras brancas … hoxendía, arqueólogos alemáns rescatan, do fondo areoso,  os obxectos que portaba, xemas preciosas para coñecer o pasado de hexemonía naval dos nosos veciños peninsulares, namentres que os investigadores portugueses escavan no filón dos arquivos para tentar encaixar este crebacabezas.

 ¿Qué facedes lendo este comentario?  ¡Ídevos a enterar de que vai o conto no número de outubro de National Geographic que tedes aí mesmiño, baixando a escaleira á dereita!

LEONARD COHEN. GREATEST HITS

The Best of Leonard Cohen samples 12 of the many highlights from the singer's first four studio LPs. With a heavy emphasis on the debut Songs of Leonard Cohen and its follow-up Songs From a Room, the set includes such masterpieces as "Suzanne," "So Long, Marianne" and "Bird on the Wire," as well as later efforts including "Chelsea Hotel" and "Famous Blue Raincoat." ~ Jason Ankeny, All Music Guide

 

Os dados do reloxeiro

 
Os dados

Neste libro tendes un marabilloso exemplo de divulgación científica en galego.

O libro recolle unha serie de artigos escritos por Xurxo Mariño para a web do Consello de  Cultura Galega. Neles fai un percorrido por diversas cuestións científicas de actualidade dunha forma moi amena e divertida.

Preme sobre a foto, descarga o archivo pdf e desfruta coa lectura que nos ofrece Xurxo Mariño.

Por certo, benvidos ao novo curso académico dende a biblioteca.

¿Quen é o protagonista científico do mes?

Quercus

Outra vez Darwin. Vai ser que este tipo foi importante. A teoría da evolución biolóxica avanzou moito dende hai 150 anos pero el sigue sendo protagonista.

Quercus aporta un punto de vista diferente, son os nosos científicos os que falan de Darwin, das súas aportación, da forma na que aterrou nos círculos científicos españois e incluso das críticas que se poden facer ao paradigma dominante hoxe.

Coma sempre a revista se completa con temas de actualidad no ámbito da conservación da natureza en España.

Lo que Darwin no sabía

Subirías a un barco para estar tres anos dando a volta ao mundo mentres fas compañía a un excéntrico capitan? Eso foi o que fixo Charles Darwin con apenas vinte anos e unha capacidade para o mareo que non perdeu en todo o tempo de singladura. Durante a viaxe aproveitou para facer turismo, criticar aos colonizadores e albiscar unha teoría que, unha vez conformada, ocasionou e sigue ocasionando máis dunha dor de cabeza. Nun dos seus libros máis entretidos, A viaxe dun naturalista ao redor do mundo, cóntanos cómo foi esa viaxe que lle provocou unhas ganas tremendas de non volver a saír nunca máis de casa.

Cúmprense 150 anos da publicación dun dos libros máis influíntes na historia da Bioloxía: A orixe das especies. Neste libro Charles Darwin aportaba innumerables probas da súa teoría da evolución a través da selección natural, esa idea tan problemática da que falábamos antes. Esta teoría foi compretándose e mesmo modificándose ao longo do último século e medio para dar lugar á actual Teoría Sintética da Evolución. Un panorama máis completo e coherente dos mecanismos polos que se produce a evolución de todos os seres vivos.

Se queres saber máis deste tema tes moitas opcións pero, como por algo hai que empezar, dende aquí propoñémosche dúas: ler o artigo de National Geographic que tes á túa disposición na biblioteca ou ver un video que é menos cansado. Unha vez elixido so tes que pinchar.

 

Distribuir contido