IES EDUARDO PONDAL

Artigos, Divulgación científica, Literatura, Poesía, Musica

As mellores intencións

 
Paz,Begoña. As mellores intencións,
Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2008, 118 páxinas, ISBN:978-84-97-82-729-4.
A trama de As mellores intencións é a historia dun home que traballa de celador ou mantemento nun hospital e atopa un bebe a punto de afogarse ao tragar unha bola de papel por culpa da ineptitude da súa nai. Pasados uns anos o mesmo home, Gabriel, conta como atopou a súa muller morta na cama e apenas sinte nada. Tamén nos informa de que lle tocou un premio na lotería e é multimillonario, aínda que non o sabe ninguén. Un día, por casualidade, atopa de novo a nena e a nai do hospital nun supermercado e intúe que a cativa é maltratada pola súa nai e a parella desta. A partir deste momento, intenta por todos os medios conseguir unha amizade coa nai. Decide alquilar un piso na mesma urbanización que viven a nai e a nena, e pouco a pouco, logra coñecer a nai ata que un día se deitan xuntos. Gabriel, síntese satisfeito ao poder estar xunto con Aldara, pero odia a súa nai,Lis, porque a maltrata física e psicolóxicamente. Pouco a pouco, a nai esixe máis diñeiro para gastar e Gabriel non dubida en darllo, aínda que se da conta de que ela só está con el por ese motivo. A pesar de isto, decide propoñerlle matrimonio a Lis e ela, acepta. Durante uns meses a relación funciona ben, ata o punto de que Gabriel pensa que se está namorando de Lis e cre que é posible que a nai non maltrate máis a súa filla. Empero, un acontecemento trunca esta situación: Lis descobre no trasteiro centos de regalos que Gabriel lle comprara a Aldara. Chea de ciumes volve ca súa parella de antes e amenaza a Gabriel con quitarlle a Aldara para sempre. Entón, Gabriel decide secuestrar a nena a saída do colexio, pero Lis descobreos e sube ao coche no que pretendía fuxir Gabriel con Aldara. A discusión entre os dous vai medrando, ata que el perde o control do coche. Cando esperta, Gabriel ve a Lis e Aldara feridas. Con gran esforzo, saca do veículo a nena e pona a salvo, volta o coche, que está a piques de caer por un cantil, e alí vendo os ollos de carraxe de Lis, decide soltar o freno de man. O coche cos dous dentro, cae polo cantil.

 

La vida de los planetas

 
Quen non se sentiu algunha vez atraído polo ceo nocturno? Seguro que a maioría de nós quixo algunha vez aprender algo sobre todos eses obxectos que nos rodean. Pois como por algo hai que empezar, que tal se seguides a  Richard Corfield que neste libro nos presenta aos compañeiros celestes máis próximos a nós, os compoñentes do Sistema Solar. Con esta lectura poderás realizar unha viaxe pola historia da exploración espacial ao tempo que descobres os segredos do Sol e dos planetas.

Los hombres que no amaban a las mujeres

 

 

¿Qué le sucedió a Harriet?


Harriet Vanger desapareció hace 36 años durante un carnaval de verano en la isla sueca Hedeby, propiedad prácticamente exclusiva de la poderosa familia Vanger. A pesar del despliegue policial, no se encontró rastro de la muchacha de 16 años. ¿Se escapó? ¿Fue secuestrada? ¿Asesinada? Nadie lo sabe: el caso está cerrado, los detalles olvidados.


Pero hay quien sigue recordando a Harriet, su tío Henrik Vanger, un empresario retirado, ya en el final de su vida y que vive obsesionado con resolver el misterio antes de morir.


En las paredes de su estudio cuelgan 43 flores secas y enmarcadas. Las primeras 7 fueron regalos de su sobrina. Las otras llegaron puntualmente para su cumpleaños, de forma anónima, desde que Harriet desapareció.


Vanger contrata a Mikael Blomkvist, periodista de investigación y alma de la revista Millennium, una publicación dedicada a sacar a la luz los trapos sucios del mundo de la política y las finanzas. Mikael no está pasando un buen momento: está vigilado y encausado por una querella por difamación y calumnia. Detrás de la querella está un gran grupo industrial que amenaza con derrumbar su carrera y destruir su reputación. Así que acepta el extraño encargo de Vanger de retomar la investigación de la desaparición de su sobrina e intentar tirar de algún cabo suelto.

 

Un trabajo complicado para el que recibe el regalo inesperado de la ayuda de Lisbeth Salander, una investigadora privada nada usual, incontrolable, socialmente inadaptada, tatuada y llena de piercings, y con extraordinarias e insólitas cualidades como su memoria fotográfica y su destreza informática.

Así empieza una novela que es la crónica de la guerra interna de una familia, un fresco fascinante del crimen y del castigo, de perversiones sexuales, de trampas financieras, un entramado violento y amenazante entre el que sin embargo crece una tierna y frágil historia de amor. Una historia de amor entre la que será la pareja más memorable de la literatura criminal. 

 

Diario dun pai acabado de nacer

 

 

Alvarellos,Henrique. Diario dun pai acabado de nacer. Vigo, Xerais, 2008, 111 páxinas
ISBN
:978-8497-827-119.

 

O xornalista Henrique Alvarellos sinala ao comezo do libro que este diario íntimo empezou a ser escrito no mesmo intre de saber que ía ser pai. Ao longo das cen páxinas do libro, Henrique Alvarellos relata moitos dos momentos, pensamentos, reflexións que sinte antes de ser pai e despois de selo. Afirma que no diario están presentes as alegrías, os medos, as anécdotas, as experiencias e mesmo "as medras" do novo ser. Destaca ante todo o cambio radical na vida de quen afronta a novidade de converterse en pai por primeira vez. Advirte tamén que a intención do diario e ir reflexionando sobre o papel do pai, esa función que a sociedade a penas trata, deténdose exclusivamente no "intransferible" labor da nai. Desta maneira, Alvarellos preséntase como un pai en primeiro plano, coprotagonista desde os primeiros días da vida do fillo, colaborando en todas as situacións posíbeis e imposíbeis. Relata cómo durante cinco anos viu medrar ao seu fillo e gozou con el, que pasou de bebé a neno. Pero tamén conta que nestes cinco anos foi o tempo en que, inesperadamente, perdeu a seu pai. O resultado dese contraste, dese descubrimento e perda á vez son as páxinas do Diario dun pai acabado de nacer, que el mesmo define como páxinas iniciáticas que envolven grandes momentos de ledicia, de ilusión e futuro; ao carón dos momentos de tristura, de medo e de dor.

 

A Fada das lapas

 

Janeiro, Manuel. A fada das lapas.Vigo, Editorial Galaxia, 2008, 58 páxinas. (ISBN: 978-84-9865133-1).

A fada das lapas é a historia de Gabriel, o fillo dun ferreiro. Gabriel traballa na ferrería do seu pai fabricando ferramentas para o agro e tamén diferentes armas. Un día recibe a visita dunha fada máxica, que se presenta ante el como Venéfica. Sorprendido e engaiolado pola súa beleza e polo efecto da maxia da fada, Gabriel abandona a súa casa e aldea e vaise vivir coa fada a un lugar remoto. Venéfica mudalle o nome a Gabriel, chamarase Victus. A partir de ese momento vivirán felices e terán un fillo ao que chamarán Humane. Este presenta unha fisonomía case humana, pero algúns dos seus rasgos son herdados da súa nai, a fada. Pouco a pouco, Victus empeza a botar de menos a súa familia e un día proponlle a Venéfica regresar a aldea para que seus pais coñezan ao seu neto. A fada pensa que non é aínda o momento e dille que hai que esperar. A relación entre Victus e Venéfica vaise enfriando e a fada pasa a maior parte do tempo con Humane, sen deixarlle apenas relacionarse co seu pai. Pasado un tempo, Victus insiste na idea de voltar a aldea e entón Venéfica, enfadada, fuxe co seu fillo voando. Durante varios días, Victus síntese perdido, pero ao final decide voltar a súa aldea para poder recuperar ao seu fillo. Tras moitos días de viaxe chega a ferraría do seu pai e cóntalle a historia. Decide fabricar armas para poder matar ou convencer a unha quimera para que lle axude a rescatar a Humane. Ao final convence a quimera para que lle axude a recuperar ao seu fillo e os dous fan unha longa viaxe ata unh volcán. Alí, Victus descobre a Venéfica e ao seu fillo. A fada colle o seu fillo e métese no volcán mentres a quimera os persigue. Cando os atopa no interior descobre que Humane está nos brazos da fada carbonizado. A quimera lévao a superficie e entrégallo a Victus, o cal, horrorizado, comeza a cavar un túnel para poder atoparse con Venéfica, nun intento de voltar a felicidade inicial dos tres.
Distribuir contido