IES EDUARDO PONDAL

Ciencias da natureza

Entrevista a Ángel Carracedo

 

 

 

 

Aínda non temos o resultado da entrevista pero xa podedes ver a entrevistado e entrevistadores depois da conferencia.

Preme sobre a foto para ampliala.

EQUIPAMENTO NOVO NO LABORATORIO (CONSTRUCIÓN)

 

  Construción dun novo equipamento para o laboratorio de ciencias. Cabe a posibilidade de facer que a imaxe proxectada sexa interactiva, (é cuestión de presuposto... máis antes o máis despois será.. ). Para traballar nun entorno máis interactivo tanto a nivel persoal como a nivel tecnolóxico.... con estas estamos... espero que o disfrutemos (dis-frutar: dar froito).

A voltas cos transxénicos

 

 Xa temos outra polémica formada sobre os transxénicos. A Comisión Europea autorizou a principio de mes o cultivo dunha pataca transxénica coñecida coma Amflora. Este cultivo, desenvolvido pola empresa BASF, é o primeiro transxénico que se autoriza dende hai oito anos e vén, coma sempre, rodeado dunha dura polémica entre defensores e detractores deste tipo de cultivos.

E ti que opinas?  Pero lembra que antes de opinar tes que informarte.

Onde van os plásticos cando deciden viaxar?

Parece ser que se consumen aproximadamente un millón de bolsas de plástico por minuto. Independientemente da dúbida de non saber a quen se lle ocurriu  facer semellante cálculo, o certo é que os plásticos, feitos con derivados do petróleo, non se biodegradan polo que se os botamos ao mar seguirán aló por moito tempo.

Mostra deste problema é a coñecida como Gran Mancha do Pacífico, o mar das bolsas. Trátase dunha zona na que as correntes acumulan grandes cantidades de bolsas de plástico botadas ao mar dende distintas zonas do planeta. Por si fora pouco, parece que a metade dos plásticos que tiramos ao mar terminan afundíndose cubrindo os fondos mariños.

 
 Preme sobre a foto e proba os teus coñecementos sobre a velocidade de descomposición no mar de distintos residuos. e lembra que reducir o problema está nas nosas mans.
Distribuir contido