IES EDUARDO PONDAL

Ciencias da natureza

Aplicacións da biotecnoloxía

Redes (02/05/10): Vida sintética para curar

 
Se non salta o vídeo preme sobre a data de emisión do programa para velo na páxina orixinal

Explica en que consiste e que aplicacións ten a técnica desenvolvida polo entrevistado. ¿Que vantaxes presenta, nas terapias, o uso de bacteria en lugar de virus?

¿Que aplicación contra a malaria se comenta no programa e que vantaxes ten?

¿Que opinas sobre o dilema ético comentado no programa?

 

Adiada a observación do ceo nocturno

 


Confirmado

Non podemos quedar.Demasiado vento e demasiadas nubes.


ACUARIO DEVÓNICO

 

 

No laboratorio ambientamos un ecosistema acuático-terrestre de hai 350 millóns de anos, (costounos un pouco ir e volver á hoxe, pero conseguimolo, só hai que usar os libros para conseguilo) en pleno período devónico, con peixes, anfibios comezando a súa evolución, insectos, fieitas, brións... (e algún tapado de épocas máis recentes). Aqui amosamos un exemplo da batalla pola existencia que se está a dar entre as criaturas que habitan o mundo devónico do laboratorio de ciencias (tal e coma sucedería hoxe, como dí o actualismo). 

 

Premio de divulgación científica

Xa está a convocatoria do esperadísimo Concurso de divulgación científica.

Tendes moitas mostras do que buscamos nos Dados do reloxeiro, un fermoso libro de Xurxo Mariño.

 

Premio divulg

Distribuir contido