IES EDUARDO PONDAL

Ciencias da natureza

Outubro 2011

Futuros científicos
CAMPUS CIENTIFICOS NO MES DE XULLO

Pendentes
Ciencias para o Mundo Contemporáneo
Convócanse os exames para alumnos de 2º de bacharelato coa materia de CCMC suspensa para os días 9 de novembro (mércores) e 25 de xaneiro (mércores). Os exames terán lugar no aula de 2º de Bacharelato A.

A materia repartirase da seguinte forma:

1º exame: temas 1, 2, e 1º parte do tema 3 (ata a evolución dos homínidos)

2º exame: resto do curso.


Actividades extraescolares
IMOS VER ESTRELAS
No mes de outubro buscaremos un xoves despexado para observar o ceo nocturno


Abril 2011

Verán
CAMPUS CIENTIFICOS NO MES DE XULLO
Volven a convocarse bolsas para traballar en universidades españolas no verán. Na seguinte ligazon podedes atopar toda a información. Antes do luns que vén tedes que telo claro e falar con algún profesor de CCNN




 

Biblioteca
DÍA DO LIBRO. NOVA DA BIBLIOTECA
A biblioteca quere celebrar o día do libro (foi este sábado 23 de Abril) le a súa nova accedendo ao menú da biblioteca o pincha en ler máis despois do inicio do texto que publicaron:
Ao longo do ano temos unha chea de celebracións e efemérides que moitas veces non sabemos moi ben de onde proceden, pois ben, neste DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO que con tanto fervor celebra o conxunto do mundo cultural vimos de conmemorar a morte -o 23 de abril de 1616- de os dous escritores máis grandes da literatura universal: Miguel de Cervantes e William Shakespeare, xunto co Inca Garcilaso de la Vega, pero por se fora pouco tamén nesa data naceron ou morreron escritores da talla de Nabokov ou Josep Pla .
Por este motivo un organismo tan importante como a UNESCO escolleu esta data en 1995 para .... seguir lendo o artigo e ver presentación no BLOG


xaneiro 2011

Proxectos
PÁXINA SOBRE O ACUARIO DO DEPARTAMENTO      
Este é enlace á páxina que o departamento está a preparar cos alumnos de 1º de ESO para ser o soporte na rede de información sobre a vida no noso litoral e os seres vivos que podemos atopar nos seus ecosistemas. A páxina comeza a elaborarse este ano académico no marco do proxecto que o alumnado de 1º de ESO presenta para o V Congreso Ambiental do CEIDA e estará en continuo desenvolvemento durante todo o curso. Podes visitala no enlace que temos na propia páxina do departamento o premendo o seguinte vínculo. Páxina Acuario



Ciencias Naturais
ACTIVIDADES PARA O V CONGRESO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL      
ceida
O departamento de Ciencias comezou a preparar o proxecto acuario, dentro do programa de educación ambiental do CEIDA. Na paxina web do CEIDA podemos ler na sección adicada a este programa o seguinte texto que aclara os obxectivos:  
Dende o ano 2007 o CEIDA, co patrocinio da Deputación da Coruña, organiza anualmente o Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino da Coruña, baixo o título Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural. O obxectivo fundamental é brindar aos centros de ensino da provincia un espazo de intercambio e punto de encontro. O congreso permite a participación e o debate así como a divulgación de todas aquelas experiencias que xa están en marcha nos diferentes centros educativos e daqueloutras que poidan xurdir e que teñan como obxectivo a conservación e a posta en valor do patrimonio natural galego. É o escenario no que, os protagonistas indiscutibles deste congreso, os rapaces e rapazas participantes, intercambian e contrastan as experiencias nas que traballaron ao longo do curso e convértense nos portavoces da realidade ambiental do seu ámbito máis próximo.
O alumnado de 1º de ESO está a preparar a descrición de seres vivos do noso litoral que temos no acuario do departamento, expoñendo esa información nunha páxina que estará colgada na do instituto.




novembro 2010

Ciencias Naturais
UN ANAQUIÑO DE ANCARES. VÍDEOvideo ancares
Podedes disfrutar do vídeo que realizamos na excursión, como se preparou, como chegamos, o que vimos, o descanso, e os impoderables (enténdase tempo meteorolóxico) que sempre son importantes.... isto só é para coller folgos e animarvos a participar nas actividades, e aproveitaremos este material para que os de 1º de bacharelato vaian coñecendo como se vai desenvolvendo o traballo na elaboración de vídeos. Ánimo e esperamos que vos guste.


Londras e Arroaces
Observación do ceo nocturno
O próximo xoves 4 de novembro, e dentro das actividades do Día da Ciencia en galego, quedamos ás oito e media no paseo fluvial de Ponteceso. Lembrade recoller os permisos no instituto, levar roupa de abrigo, o planisferio que faremos no instituto, e que podedes descargar na páxina de normalización, e confirmar a saída o xoves pola mañá.(con nubes suspendemos a saída)


PENDENTES DE CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO
O primeiro exame será o xoves 11 de novembro ás tres e media da tarde no laboratorio de Ciencias Naturais. Entran os dous primeiros temas completos e a primeira parte do terceiro (Teorías evolutivas incluídas). O Xoves 13 de xaneiro no recreo volvemos a reunirnos para poñer o segundo e último exame, a ser posible antes de final de mes.


NOVOS RECURSOS
blog cimucoXa tendes colgados, na páxina de recursos do departamento, novos recursos incluído o enlace ao novo blog de Ciencias para o mundo contemporáneo que está esperando os vosos comentarios.


Londras e Arroaces
Revista Londras e Arroaces de outubro
Xa tes á túa disposición a nova revista de outubro do grupo ecoloxísta do instituto. Entre outras, publicamos a visita ao centro de xenómica en Santiago, as novas actividades que faremos en outubro e novembro e animámosta a participar no día da ciencia en galego, o 4 de novembro.
londras 3


VÍDEOS

Bioloxía e Xeoloxía
ANATOMÍA DO CORAZÓN
Eloy, alumno de 1º de bacharelato amósanos a anatomía do corazón utilizando un corazón de porco.


outubro 2010

 Londras e Arroaces
Observación do ceo nocturno
O próximo xoves 4 de novembro, e dentro das actividades do Día da Ciencia en galego, quedamos ás oito e media no paseo fluvial de Ponteceso. Lembrade recoller os permisos no instituto, levar roupa de abrigo, o planisferio que faremos no instituto, e que podedes descargar na páxina de normalización, e confirmar a saída o xoves pola mañá.(con nubes suspendemos a saída)


Apallamento de cogomelos
Alumnos e profesores do instituto fomos, o mércores 27, a Cardezo apañar cogomelos de todas as variedades atopables. Boletus, Lactarius, Laccaria, Amanitas, Russulas, o fedento Clathrus, Tricholoma.... e todo tipo de fungo que sobresaira do chan foi, con respecto, para o cesto. Temos no vestíbulo do centro a exposición cos nomes das setas recollidascogomelos 2010

PENDENTES DE CIENCIAS PARA O MUNDO CONTEMPORÁNEO
O primeiro exame será o xoves 11 de novembro ás tres e media da tarde no laboratorio de Ciencias Naturais. Entran os dous primeiros temas completos e a primeira parte do terceiro (Teorías evolutivas incluídas). O Xoves 13 de xaneiro no recreo volvemos a reunirnos para poñer o segundo e último exame, a ser posible antes de final de mes.


Londras e Arroaces
SAÍDA O MÉRCORES 27 cogomelos


Ciencias Naturais
Visita ao Centro de Xenómica da USC
Un artigo sobre a xornada de visita ao Centro de Xenómica da USC que os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato realizaron o mércores 20 de outubro e na que entre outras actividades recibiron de mans do doutor Ángel Carracedo os diplomas acreditativos dos premios do I Certame de Divulgación Científica. 
xenomica


Acuario
PREPARACIÓN DO ACUARIO PARA O CURSO 2010-2011
O acuario do laboratorio de Ciencias volverá ser mariño. Se tedes ou esperades ter algunha pesca e queredes colaborar a enchelo podedes poñervos en contacto con nós e iremos polos exemplares. Agradécese a colaboración de antemán. Este foto é do aspecto temporal que ten durante o vran, pero para principios de curso xa estará listo. Vémonos.acuario 2010


Londras e Arroaces
Revista Londras e Arroaces de outubro        
Xa tes á túa disposición a nova revista de outubro do grupo ecoloxísta do instituto. Entre outras, publicamos a visita ao centro de xenómica en Santiago, as novas actividades que faremos en outubro e novembro e animámosta a participar no día da ciencia en galego, o 4 de novembro.
londras 3


PRÓXIMAS ACTIVIDADES
Para este mes de outubro preparamos no departamento a saída para recollida de cogomelos que será seguramente ao lugar de cardezo pola variedade de ecosistemas forestais que alí hai.
Tamén editaremos a mediados de mes o primerio número deste ano da revista londras e arroaces con información variada de proxectos feitos e por facer.
Preparamos para o 4 de novembro a xornada de ciencia en galego.
E imos pensando tamén na excursión as serras orientais que faremos en Novembro.
Esperamos que nos vexamos en todas ou algunhas destas actividades.


NOVOS RECURSOS
blog cimucoXa tendes colgados, na páxina de recursos do departamento, novos recursos incluído o enlace ao novo blog de Ciencias para o mundo contemporáneo que está esperando os vosos comentarios. 


VÍDEOS

Bioloxía e Xeoloxía
ANATOMÍA DO CORAZÓN
Eloy, alumno de 1º de bacharelato amósanos a anatomía do corazón utilizando un corazón de porco.


Bioloxía e Xeoloxía
MESA LABORATORIO
Vídeo da construción da mesa de traballo para Bioloxía e Xeoloxía con proxección interactiva.


Distribuir contido