IES EDUARDO PONDAL

Ciencias da natureza

Malpica queda sen auga

O problema detectado polas análises do río  de Baa foi a contaminación por trihalometano, un hidrocarburo volátil resultante da reacción da materia orgánica da auga co cloro engadido para a súa depuración. Superáronse os límites legais e as billas fican pechadas ata que se resolva o problema.

Mentres o concello falou co veciño Ponteceso para solucionar o problema, e xa hai unha morea de camións cisterna levando auga de arriba para abaixo para incluíla nos depósitos da rede fluvial de Malpica.

A contaminación foi detectada no río de Baa, que desemboca en Seiruga, onde está a potabilizadora que surte de auga ao núcleo de Malpica. Sen embargo, en Barizo (parroquia de onde é Seiruga) teñen auga de traída, e tampouco queren a do concello. Agora ademais, pénsase nun novo parque empresarial que veterá as súas augas fecais ao río de Baa. Primeiro contaminamos para logo potabilizalo antes de bebelo, os paradoxos do desenvolvemento.

As 13 casas de Barizo súrtense inverno e verán das fontes do monte de Barizo e do monte Insua, dous abundantes mananciais naturais.

O servizo de auga a Malpica foi restablecido onte pola noite tras asegurar os técnicos a calidade da auga.

Luns 31 de marzo do 2008

Fonte: Que pasa na costa

Los Dioses están inquietos

 

Vivir a la sombra de los volcanes de Indonesia

 

 

     Imaxina o que sería vivir baixo a ameaza constante dunha erupción volcánica. Volcanes activos como el Semeru e o Bromo son portas de acceso a un mundo subterráneo que moldea non só as paisaxes de indonesia, senón tamén as crenzas e a cultura dos seus habitantes.

     Se queres ver unha erupción aquí tes a do Volcán de Fuego de Guatemala en 2007.

 

 

Distribuir contido