IES EDUARDO PONDAL

Ciencias da natureza

Un corro de bruxas. Máxia natural.

 corro de bruxas

Aquí temos unha foto tomada no xardin do instituto.
Trátase dun corro de bruxas ou corro de meigas, que é un círculo que forman os fungos como este da imaxe, do xénero Collybia, debido ao crecemento do seu micelio no interior do solo. Co paso dos anos este micelio medra para todos os lados por igual e na súa periferia saen os cogomelos, por iso adquiren este aspecto de círculo que medra co paso do tempo. Estes fungos acostuman ser beneficiosos para as árbores porque moitos deles establecen unha asociación simbiotica coas raices, favorecendo a absorción de nutrintes do solo. A perfección dalgún destes círculos, da pé a moitas e variadas lendas

¡Bo traballo, Pablo! 

 collybia

2009 ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

 Dende o IES de Ponteceso queremos colaborar nesta commemoración aportándovos información, bibliografía e unha selección de lugares na rede sobre astronomía. 
Parte desta información procede dos traballos que están realizando esta primeira avaliación o alumnado de Ciencias para o Mundo Contemporáneo de 1º de Bacharelato.
Información diversa:


Libros


Lugares na rede

Para acceder á información terás todo o ano un enlace dispoñible na páxina web do centro

Tes algo mellor que facer que ler?

O verán, despois do duro traballo do curso, é o mellor momento para retomar  as nosas aficións. Se desfrutas lendo e aprendendo Ciencias Naturais non deixes de probar algúns destes títulos, non serás capaz de parar de ler.

*
El universo para
curiosos.
NANCY HATHAWAY (Crítica).

*
Una breve historia
de casi todo.

Bill Brysson. RBA libros.

*
La especie
elegida.

Juan Luís Arsuaga. Temas de Hoy

*
Biografía de la Tierra. Historia de un planeta singular. Francisco Anguita. Aguilar

 

*
Mi familia y otros
animales.

Gerald Durrell. Alianza Editorial.

Recursos Didácticos XEOLOXÍA

El tío tungsteno

   Este libro é unha historia asequible e divertida da Ciencia (sobre todo da Química), onde se mestura o relato dos avances científicos dos últimos séculos coas vivencias do adolescente Oliver Sacks na Inglaterra da Segunda Guerra Mundial.
     O achegamento á Ciencia serviulle para pór orde na súa vida relativizando as súas experiencias máis traumáticas.
     A súa familia (os pais eran médicos) toleraban e facilitaban ese afán por realizar ensaiso que tiña o precoz químico, actividade que era considerada como un xogo dentro do ambito familiar, aínda que algúns dos experimentos ponían en perigo á familia. Oliver seguiu con estas actividades até os 14 anos , idade na que os seus pais consideraron que xa estaba ben de xogar e había que estudar medicina para seguir coa tradición familiar.

 

Distribuir contido