IES EDUARDO PONDAL

El tío tungsteno

   Este libro é unha historia asequible e divertida da Ciencia (sobre todo da Química), onde se mestura o relato dos avances científicos dos últimos séculos coas vivencias do adolescente Oliver Sacks na Inglaterra da Segunda Guerra Mundial.
     O achegamento á Ciencia serviulle para pór orde na súa vida relativizando as súas experiencias máis traumáticas.
     A súa familia (os pais eran médicos) toleraban e facilitaban ese afán por realizar ensaiso que tiña o precoz químico, actividade que era considerada como un xogo dentro do ambito familiar, aínda que algúns dos experimentos ponían en perigo á familia. Oliver seguiu con estas actividades até os 14 anos , idade na que os seus pais consideraron que xa estaba ben de xogar e había que estudar medicina para seguir coa tradición familiar.