IES EDUARDO PONDAL

Un corro de bruxas. Máxia natural.

 corro de bruxas

Aquí temos unha foto tomada no xardin do instituto.
Trátase dun corro de bruxas ou corro de meigas, que é un círculo que forman os fungos como este da imaxe, do xénero Collybia, debido ao crecemento do seu micelio no interior do solo. Co paso dos anos este micelio medra para todos os lados por igual e na súa periferia saen os cogomelos, por iso adquiren este aspecto de círculo que medra co paso do tempo. Estes fungos acostuman ser beneficiosos para as árbores porque moitos deles establecen unha asociación simbiotica coas raices, favorecendo a absorción de nutrintes do solo. A perfección dalgún destes círculos, da pé a moitas e variadas lendas

¡Bo traballo, Pablo! 

 collybia