IES EDUARDO PONDAL

Ciencias da natureza

Roteiros de biodiversidade polo esteiro do Anllóns

 
Preme sobre a foto para ver un resumo do traballo

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 4º DA ESO DO IES PONTECESO EXPOÑEN O SEU TRABALLO NUN CONGRESO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

 O alumnado de 4º da ESO, expuso no paranimfo da Universidade da Coruña o traballo sobre a diversidade ornitolóxica do esteiro do Anllóns. Un traballo coordinado polo profesorado do Departamento de Ciencias Naturais e do que deu conta a prensa comarcal. Deixámosvos o artigo que apareceu o venres 29 de maio na prensa, escrito a continuación, ou ben podedes acceder directamente á paxina dixital deste xornal premendo no seguinte vínculo: artigo congreso educación ambiental

 

Alumnos da zona destacan a riqueza dos ríos nun congreso de educación ambiental

La Voz 29/5/2009 

Os alumnos do Agra de Leborís, IES Ponteceso e Maximino Romero de Lema destacaron a riqueza ambiental do río Grande e do Anllóns na súa intervención no congreso promovido polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), que se celebrou onte no paraninfo da universidade coruñesa. A Costa da Morte tivo unha boa representación, xa que xunto aos escolares que interviñeron como relatores se desprazaron ao redor de 80 alumnos dos tres institutos. Os laracheses mostraron aos asistentes ao foro a variedade de flora e fauna intentando concienciar sobre a importancia do coidado e conservación do Anllóns. Os de Ponteceso fixeron fincapé na variedade ornitológica coa que conta este espazo. 

 congreso educacion ambiental

outra proba: boyle

 http://www.goear.com/listen/321914b/Boyle-Onda-Luz---Los-pilares-de-la-Ciencia
Distribuir contido