IES EDUARDO PONDAL

Ciencias da natureza

xullo 2010

Acuario
PREPARACIÓN DO ACUARIO PARA O CURSO 2010-2011
O acuario do laboratorio de Ciencias volverá ser mariño. Se tedes ou esperades ter algunha pesca e queredes colaborar a enchelo podedes poñervos en contacto con nós e iremos polos exemplares. Agradécese a colaboración de antemán. Este foto é do aspecto temporal que ten durante o vran, pero para principios de curso xa estará listo. Vémonos.acuario 2010


Londras e Arroaces
ROTEIRO POLO SALNÉS
Podes ver algunha foto do camiñar polo salnés na actividade que londras e arroaces organiza para os alumnos e exalumnos do centro todos os vrans.
roteiro salnes


Esculturas de Area
I Concurso de Esculturas de area en Valarés
O 31 de Maio démonos cita os cursos de 1º de ESO do noso instituto con institutos de Santa Comba, As Pontes, Carballo, Laxe e Baio, para celebrar este concurso en Valarés.
figura area
En pleno traballo.
E pola tarde de itinerario, de Valarés ao Couto, para coñecer a ría, a barra e a enseada da Ínsua e tamén observar aves migratorias.
itinerario
En pleno itinerario.


Premios Divulgacion Cientifica
Entrega dos premios de divulgacion cientifica Angel Carracedo.
Xa podes ver na paxina de ciencias os premiados.
Noraboa a todos e todas as participantes.
premiados
Os gañadores na I edición dos premios de divulgación científica .


Ciencias
Noite de estrelas.
18 de Maio. No paseo fluvial de Ponteceso, observación astronómica na que participaron o alumnado e profesorado do instituto. Poidemos, grazas a un ceo case despexado, observar planetas como Saturno, Venus e Marte. Tamén nos sorprendeu a clara visión da Lúa cos telescopios.

estrelas

VÍDEOS

Acuario
ACUARIO CURSO 2010-2011
Ainda está por preparar pero xa imos tendo unha idea. Mentres pasa o vran temporalmente está con auga doce e cos carpíns dourados que nos quedaron do curso anterior, en setembro retomamos o medio mariño. 




Bioloxía e Xeoloxía
ANATOMÍA DO CORAZÓN
Eloy, alumno de 1º de bacharelato amósanos a anatomía do corazón utilizando un corazón de porco.



Bioloxía e Xeoloxía
MESA LABORATORIO
Vídeo da construción da mesa de traballo para Bioloxía e Xeoloxía con proxección interactiva.



Bioloxía e Xeoloxía
A CURUXA MARUXA
Un alumno de 2º de ESO tróuxonos un polo de curuxa que colleu preto da casa. Fomos dándolle de comer e vendo como se facía unha curuxa adulta.



Bioloxía e Xeoloxía
ACUARIO DEVÓNICO
Neste curso o acuario toma un aspecto totalmente diferente. Recreamos unha charca de anfibios con vexetación húmida. Habitado cos representantes actuais das primeiras especies de vertebrados e das primeiras especies de cormofitos nos leva a poñerlle o calificativo devónico.



Bioloxía e Xeoloxía
ACUARIO CURSO 2008-2009
no curso 2008-2009 o acuario tiña aspecto mariño e contabamos coa colaboración do acuario da coruña que nos donou algúns especímenes.



APÚNTATE AO ITINERARIO POLA COSTA QUE ORGANIZA LONDRAS E ARROACES

 Do 6 ao 9 de Xullo imos de sendeirismo coñecer as vilas e lugares do Salnés. Moito praia, moita natureza, moito entretemento, moita cultura  e moitas gañas para ir percorrendo os camiños costeiros dunha parte do noso país. 
salnes
Comezamos en Rianxo o día 6 e saímos esa mañá cara a Catoira para rematar o día en Vilagarcía de Arousa, polo medio visitaremos, entre outros lugares, as Torres do Oeste e a historia asociada a elas. O 2º día de Vilagarcía a Cambado, vila de pazos e casas grandes ademáis de coñecida polo viño Albariño. 3º día de Cámbados a San Xenxo, pasando pola praia da Lanzada, istmo natural que une a península do Grove coa do Salnés. E o último día de San Xenxo a Pontevedra pasando por Combarro, lugar de gran beleza etnográfica e popular. Só tes que apuntarte e traer a autorización, o resto é pasalo ben e recorrer durante 4 días a nosa natureza, historia e cultura. Vémonos.

Premio Divulgación

Xa temos gañadores do I Concurso de divulgación científica Ángel Carracedo 
premiados

Despois de complexas deliberacións o xurado decidiu declarar gañador ao traballo presentado por Lucía Blanco e Cristina Martínez de 1º de bach. B e titulado George Cuvier.
Os segundos premios repártense corresponderon a Adrián Fraga e Isabel Lema, de primeiro de bach. A,  por un traballo sobre Mechnikoff e a David Amado e César García, de 1º de bach B, por explicarnos cuestións relacionadas con Ejnar Hertzsprung.
Reciben tamén unha mención especial do xurado Bertín Figueiras e Paula Cousillas, de 1º de bach B, por Antoine Lavoisier.

Noraboa aos premiados e vémonos na próxima edición dos premios. 

 
xurado divulgacion

As datas de entrega de premios comunicaranse á maior brevidade posible.

ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS, EXPOSICIÓN

Exposición no Instituto: Áreas Mariñas Protexidas

Do 2 ao 15 de xuño, no vestibulo do edificio I

Durante séculos os seres humanos vimos servíndonos sen miramentos dos recursos que o mar nos ofrece, tanto extraendo alimentos e materiais como aproveitándonos do seu "ilimitado" poder de asimilación de residuos (vertidos, mareas negras, produtos químicos, etc.). Ao principio a degradación das augas foi lenta e silenciosa. Hoxe alcanzou unha magnitude alarmante. Nos últimos anos unha gran variedade de acordos a escala internacional veñen recoñecendo a necesidade de protexer os ecosistemas mariños. Na actualidade as Áreas Mariñas Protexidas (AMPs) son unha das principais ferramentas de xestión das pesqueiras, ao que se engade a súa importancia na conservación da biodiversidade. O CEIDA e Fundació Territori i Paisatge produciron esta exposición coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. A exposición consta de 24 paneis, proxección, 2 displais e 5 puffs. 

area marina
espo2

NOITE DE ESTRELAS E LÚA... E PLANETAS..

¡Por fin! Despois de sete meses tivemos unha noite magnífica para ver estrelas, vale, máis ben os planetas porque pouco tempo tivemos de ver estrelas. 
A Lúa tivo a honra de ser o primeiro dos nosos obxectivos. En crecente posou para nós amablemente amosándonos algúns dos seus cráteres, montes e mares.
estrelas
Venus foi menos amable, intentou escapar e tivemos que lanzarnos por el antes de que se agochara detrás dun piñeiro. Venus móstrase coma unha gran bóla azul debido á súa atmosfera. Saturno é a máis espectacular das observacións. Tras un breve problema técnico no telescopio apareceu en todo o seu esplendor. O seu anel espertou berros de admiración entre a numerosa tropa de astrónomos que desfilaron polo telescopio. Con Marte rematou a sesión de observación co telescopio e a de fotografía de Manolo, cando conseguiamos que non nos deslumbrara coa luz da cámara, viamos Marte como unha bóla de cor vermella algo máis pequena que Venus. Foi unha interesante experiencia que repetiremos o próximo curso, a ver se temos algo máis de tempo e podemos dedicar un pouco máis de atención ás constelacións que desta vez pasaron case desapercibidas.
estrelas
Distribuir contido