IES EDUARDO PONDAL

Ciencias da natureza

O mercado e a globalización

Esta vez nin sequera imos facer unha reseña deste magnífico libro de Jose Luís Sampedro. Grazas a Alba Recarey e a Romina Castiñeira podemos ensinarvos unha presentación na que se resume perfectamente.

 

Ciencias

ATENCIÓN, parece que o martes podemos ver estrelas

Quedamos o martes 18 de mai, ás dez e oito minutos da noite e na Paseo Fluvial de Ponteceso. Non esquezades as autorizacións coa data cambiada e o mapa da Lúa.


Lembrade confirmar a actividade o martes pola mañá.

 

A CURUXA MARUXA

 Case un mes leva maruxa nos espazos do laboratorio e departamento de ciencias, medrando, poñéndose forte para enfrentarse a unha próxima nova etapa en liberdade. Chegou como un pingüino e vaise parecendo máis ao que é. Para ela chega tamén o final de curso e vai para sobresaínte, aínda que nos gustaría vela, de pasada, por Setembro. Deixamos un vídeo que amosa como vai indo, o completaremos a medida que cumpra etapas. Espero que vos guste. 
 
Distribuir contido