IES EDUARDO PONDAL

A CURUXA MARUXA

 Case un mes leva maruxa nos espazos do laboratorio e departamento de ciencias, medrando, poñéndose forte para enfrentarse a unha próxima nova etapa en liberdade. Chegou como un pingüino e vaise parecendo máis ao que é. Para ela chega tamén o final de curso e vai para sobresaínte, aínda que nos gustaría vela, de pasada, por Setembro. Deixamos un vídeo que amosa como vai indo, o completaremos a medida que cumpra etapas. Espero que vos guste.