IES EDUARDO PONDAL

xaneiro 2011

Proxectos
PÁXINA SOBRE O ACUARIO DO DEPARTAMENTO      
Este é enlace á páxina que o departamento está a preparar cos alumnos de 1º de ESO para ser o soporte na rede de información sobre a vida no noso litoral e os seres vivos que podemos atopar nos seus ecosistemas. A páxina comeza a elaborarse este ano académico no marco do proxecto que o alumnado de 1º de ESO presenta para o V Congreso Ambiental do CEIDA e estará en continuo desenvolvemento durante todo o curso. Podes visitala no enlace que temos na propia páxina do departamento o premendo o seguinte vínculo. Páxina Acuario



Ciencias Naturais
ACTIVIDADES PARA O V CONGRESO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL      
ceida
O departamento de Ciencias comezou a preparar o proxecto acuario, dentro do programa de educación ambiental do CEIDA. Na paxina web do CEIDA podemos ler na sección adicada a este programa o seguinte texto que aclara os obxectivos:  
Dende o ano 2007 o CEIDA, co patrocinio da Deputación da Coruña, organiza anualmente o Congreso de Educación Ambiental dos centros de ensino da Coruña, baixo o título Espazos para conservar. Defendamos o noso patrimonio natural. O obxectivo fundamental é brindar aos centros de ensino da provincia un espazo de intercambio e punto de encontro. O congreso permite a participación e o debate así como a divulgación de todas aquelas experiencias que xa están en marcha nos diferentes centros educativos e daqueloutras que poidan xurdir e que teñan como obxectivo a conservación e a posta en valor do patrimonio natural galego. É o escenario no que, os protagonistas indiscutibles deste congreso, os rapaces e rapazas participantes, intercambian e contrastan as experiencias nas que traballaron ao longo do curso e convértense nos portavoces da realidade ambiental do seu ámbito máis próximo.
O alumnado de 1º de ESO está a preparar a descrición de seres vivos do noso litoral que temos no acuario do departamento, expoñendo esa información nunha páxina que estará colgada na do instituto.