IES EDUARDO PONDAL

ACUARIO DEVÓNICO

 

 

No laboratorio ambientamos un ecosistema acuático-terrestre de hai 350 millóns de anos, (costounos un pouco ir e volver á hoxe, pero conseguimolo, só hai que usar os libros para conseguilo) en pleno período devónico, con peixes, anfibios comezando a súa evolución, insectos, fieitas, brións... (e algún tapado de épocas máis recentes). Aqui amosamos un exemplo da batalla pola existencia que se está a dar entre as criaturas que habitan o mundo devónico do laboratorio de ciencias (tal e coma sucedería hoxe, como dí o actualismo).