IES EDUARDO PONDAL

Onde van os plásticos cando deciden viaxar?

Parece ser que se consumen aproximadamente un millón de bolsas de plástico por minuto. Independientemente da dúbida de non saber a quen se lle ocurriu  facer semellante cálculo, o certo é que os plásticos, feitos con derivados do petróleo, non se biodegradan polo que se os botamos ao mar seguirán aló por moito tempo.

Mostra deste problema é a coñecida como Gran Mancha do Pacífico, o mar das bolsas. Trátase dunha zona na que as correntes acumulan grandes cantidades de bolsas de plástico botadas ao mar dende distintas zonas do planeta. Por si fora pouco, parece que a metade dos plásticos que tiramos ao mar terminan afundíndose cubrindo os fondos mariños.

 
 Preme sobre a foto e proba os teus coñecementos sobre a velocidade de descomposición no mar de distintos residuos. e lembra que reducir o problema está nas nosas mans.