Orientación

Correspondentes xuvenís a través das ondas

Como cada xoves os e as correspondentes xuvenís de 4º da ESO  non deixan de acercarnos as novas máis relevantes en Radio Palas FM.

Así semana tras semana: Alba, Paula, Ismael, Roi, Nerea García, Silvia, Tito e Nerea Gómez de 11:00 a 11:30 agárdannos  a través das ondas para informarnos. 

Non volo podedes perder 

 

CONVOCATORIA BECAS RESIDENCIA USC CURSO ACADÉMICO 2021- 2022

Co obxecto de dar cumprimento ao título segundo do Regulamento do Servizo Universitario de Residencias (SUR), o Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela aproba a convocatoria de prazas de aloxamento para o curso académico 2021-2022.

SOLICITUDES E PRAZOS DE PRESENTACIÓN 

  • Solicitude 

A solicitude deberá cumprimentarse no formulario accesible por vía telemática que figura na páxina web: https://www.usc.es/es/servizos/sur/convocatorias.html 

Os/ as estudantes de nova admisión poderán solicitar a praza para o grupo I e o grupo II marcando as dúas opcións no mesmo impreso. Presentarase unha única solicitude por persoa e campus. 

  • Prazo de presentación 

O prazo de solicitudes permanecerá aberto desde o 19 de maio ata as 14.00 horas do 28 de xuño de 2021.

Podedes descargar o documento que regula a convocatoria para o curso académico 2021/22 e a páxina da USC onde podedes facer a admisión na aula virtual no apartado de orientación.

2ª sesión: Xornadas de Igualdade

O luns 10 de maio, o alumnado de 3 ESO tivo a segunda e última sesión do Obradoiro de Igualdade do Centro de Información á Muller (CIM) a cargo de Alba.

Queremos agradecerlle o seu traballo e poñer en práctica este tipo de iniciativas, así que agardamos que esta sexa o comezo deste tipo de actividades preventivas no eido da igualdade real, positiva e efectiva entre mulleres e homes.

Agardámosvos o curso vindeiro!!

Charla para a prevención do "Acoso Escolar"

Hoxe o alumando de 2º da ESO, tivo a charla para a prevención do “Acoso Escolar” a cargo de Héctor, formador da Garda Civil, enmarcada dentro do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade.

O noso instituto segue apostando pola tolerancia cero contra o acoso escolar. Nesta mesma liña, o centro cre firmemente que a prevención é a mellor das intervencións contra o acoso escolar, por iso traballamos na sensibilización de toda a comunidade educativa en busca dunha convivencia positiva. 

Por todo elo é primordial que as alumnas e alumnos sexan conscientes do grave impacto que o acoso escolar ten sobre o benestar físico e emocional dos seus iguais, ademais é preciso que coñezan cales son a distintas formas nas que se manifesta: agresións físicas e verbais, ameazas, coaccións, ciberacoso...... 

Así mesmo, durante esta charla volveuse a poñer en valor a figura dos espectadores no triángulo do acoso escolar, xa que teñen un papel esencial  para romper a cadea do acoso, por iso, é importante desmitificar a figura do “chivato” e poñer en valor a nosa responsabilidade que cada un de nos ten en promover unha convivencia positiva e unhas relacións saudables. 

E como se recalcou durante toda a charla se sentides que estades sendo vítimas de acoso escolar  pedide axuda aos vosas familias, ao titor/a, ao departamento de orientación, ao profesorado.....ademais dispoñedes dun teléfono contra o acoso escolar que é o 900 018 018 (gratuíto). 

Plan Director: "Novas tecnoloxías"

Hoxe, martes 27 de abril, tivemos a charla do Plan Director sobre “Novas tecnoloxías” para o alumnado de 4º da ESO e 1º de FP Básica que compartimos co instituto de Becerreá a través de Webex. 

Nesta ocasión o formador da Garda Civil, Ramón Peña, informounos e formounos  sobre varios aspectos que nos poden interesar como usuarios das redes sociais e  fixo especial fincapé en como podemos protexer os nosos datos da rede do “scraping”, proceso no que se empregan bots para extraer contido e datos dun sitio web, nalgúns casos emprégase con fins ilegais no que nos rouban os nosos datos.

Para iso podemos empregar o Firefox Focus como buscador, o  teléfono gratuíto de ciberseguridade 017 para as posibles consultas, utilizar Malwarebytes (programa antivirus cunha versión gratuíta), etc.

Así mesmo, se nos interesan estes temas podemos ver o Blog de Chema Alonso: “Un informático en el lado del mal”: https://www.elladodelmal.com

E se queremos saber se fomos vítimas do roubo dos nosos datos podemos consultalo na seguinte páxina: https://haveibeenpwned.com

Grazas Ramón!!

 

Calendario do proceso de admisión a ciclos de FP

Publicado o calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual para o curso 2022/2022.

Podes consultar esta información na web de FORMACIÓN PROFESIONAL:

Máis información no Dpto. de orientación

Fonte: edu.xunta.fp 

ABAU 2021: calendario e avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade

Nos seguintes enlaces podedes consultar o Calendario das ABAU 2021 (convocatoria ordinaria e extraordinaria) e a avaliación de bacharelato para acceso á universidade (ABAU) onde se recoñecen as bases desta proba: estrutura da mesma, requisitos de participación, tipos de matrícula (prazos, procedementos e documentación), normas de realización, etc.  

XORNADAS DE IGUALDADE

Hoxe, mércores 14 de abril, tivemos a primeira parte do Obradoiro de Igualdade a cargo da Axente de Igualdade do Centro de Información á Muller (CIM) e para iso contamos coa presenza de Alba.
Durante esta sesión coas alumnas e alumnos de 3º da ESO abordáronse ente outros temas os roles e estereotipos de xénero; a autoestima e o autoconcepto; o sexismo e a reprodución do sexismo na publicidade, na música….
Cremos moi firmemente neste tipo de actividades que contribúen ao desenvolvemento integral do noso alumnado e que fomentan a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.
Así mesmo queremos agradecer ao CIM a súa colaboración co instituto neste tipo de iniciativas.

Correspondentes Xuvenís_ Radio

Os e as correspondentes xuvenís collen un descanso polas vacacións de Semana Santa,  pero ao regreso, volverán estar como cada xoves de 11:00 a 11:30 en Radio Palas para informalos sobre as novas máis relevantes.

 

Cóidense moito e gocen da Semana Santa!!!

Correspondentes Xuvenís_ agasallos

Este xoves fíxemos entrega aos nosos e nosas Correspondentes Xuvenís dos agasallos que nos chegaron dende Xuventude polo seu traballo e compromiso en  dar difusión ás informacións que dende este organismo nos chegan.

 

Elas e eles fan un gran traballo, xa que semana tras semana, no seu tempo de lecer van á radio para informar aos veciños e veciñas de Palas de Rei daquelas informacións, novas....  que consideran que poden ser de interese para todas e todos.

 

Adquiren, deste xeito, un compromiso importante e entenden que estar informadas e informados é algo esencial e fundamental na nosa sociedade para poder participar nela de xeito activo e proactivo.

 

Así mesmo empregan a canle de Instagram do centro para intentar chegar a máis xente. Non te podes perder o seu labor divulgativo.

 

Grazas polo voso compromiso e traballo! 

 


Podes ver os agasallos pinchando no seguinte enlace que te leva a galeria de imaxes do centro. 

 

Distribuir contido