Orientación

CIUG. NOTAS DE CORTE 2017/18 E CRITERIOS PONDERACIÓN 2018/19

A Comisión InterUniversitaria de Galicia (CIUG) publica na súa web as últimas notas de corte 2017/18 e as ponderacións da ABAU para a próxima proba de acceso 2017/18 nas tres universidades públicas da nosa Comunidade.

Podes consultar esta información premendo nos seguintes enlaces: 

NOTAS DE CORTE 2017/18

PONDERACIÓNS DA ABAU 2018/19

Para máis información:

  • http://ciug.gal/
  • No departamento de orientación

 

Acadar un estudo eficaz: destrezas e estratexias

Xa estamos inmersos nun novo curso e debemos ser capaces de levar a cabo un método de estudo eficaz que nos permita obter uns bos resultados académicos. Pero moitas veces preguntámonos se o estamos facendo ben, que pasos debemos seguir, se teño que facer resumos,  esquemas ….  Para todas esas dúbidas no seguinte esquema podemos ver unha serie de pasos que nos van axudar a estudar e sacar con éxito o curso escolar!!!

  

BECAS MEC

Segue ABERTO o prazo para solicitar as becas do MEC correspondentes ao curso académico  2017/2018 para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

 ESTUDOS POSTOBLIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS

As persoas  beneficiaras destas axudas será o alumnado que curse algunha das seguintes ensinanzas:

1. Ensinos postobligatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:

a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.

b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

c) Ensinos artísticos profesionais.

d) Ensinos deportivos.

e) Ensinos artísticos superiores.

f) Estudos relixiosos superiores.

g) Estudos militares superiores.

h) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.

i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinos de Formación Profesional.

j) Formación Profesional básica.

Os REQUISITOS XERAIS para poder solicitalas son:

  • Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. No caso de cidadáns da Unión ou dos seus familiares, beneficiarios dos dereitos de libre circulación e residencia, requirirase que teñan a condición de residentes permanentes ou que acrediten ser traballadores por conta propia ou allea. Estes requisitos non serán esixibles para a obtención da bolsa de matrícula. No suposto de estranxeiros non comunitarios, aplicarase o disposto na normativa sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social.
  • Non posuír no momento de solicitar a bolsa un título de nivel igual ou superior ao dos estudos para os que se pide a bolsa.
  • Reunir o resto de requisitos académicos e económicos que especifica a convocatoria.

 PRAZO DE PRESENTACIÓN 

  • Desde o 11 agosto 2017
  • Ata o 3 outubro 2017

TIPOS DE BECAS E CONTÍA: 

  • Beca básica: 200 €
  • Contía fixa asociada á residencia do estudante durante o curso escolar 1.500€
  • Contía fixa asociada á renda do estudante: 1.500 €

Podes consultar os REQUISITOS ACADEMICOS premendo no seguinte enlace:

Ademais deberas ter en conta os requisitos económicos e doutro tipo que podes consultar nos seguintes enlaces:

Para máis información podes consultar a páxina do MEC e/ou acudir ao teu departamento de orientación. 

Acceso á páxina do MEC

 

BECAS MEC

Segue ABERTO o prazo para solicitar as becas do MEC correspondentes ao curso académico  2017/2018 para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

 ESTUDIOS POSTOBLIGATORIOS NO UNIVERSITARIOS

As persoas  beneficiaras destas axudas será o alumnado que curse algunha das seguintes ensinanzas:

1. Ensinos postobligatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:

Profesorado do Departamento de Orientación 2018/19

 

Pedagoxía Terapéutica Álvaro Ventura Rozas
Ámbito científico-tecnolóxico Elena Cagide Pereiro
Ámbito socio-lingüístico Inés Cabanas Yáñez
Orientadora Cristina Eiras López

 

 

Distribuir contido