Distribución de máscaras entre o alumnado

Enviado por admin o Ven, 19/11/2021 - 05:43

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar a Orde que regula o procedemento para distribución de máscaras entre o alumnado.

Será beneficiario deste reparto o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar.

O resto do alumnado, deberá cursar solicitude e cumprir o requisito de pertencer a unha familia con renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €, ou estar matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou ter unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con indepencia da renda familiar.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 26 de novembro de 2021. Deberán achegar, xunto coa solicitude (Anexo I):

a) Documento de comprobación de datos (Anexo II).

b) Copia do libro de familia onde figure o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

c) Certificado do grao de discapacidade, se fose o caso.

d) Documentacion xustificativa da situación de violencia de xénero, se fose o caso.

e) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento, se fose o caso.

g) Certificado de convivencia, se fose o caso.

 

Información completa na ORDE do 28 de outubro de 2021.

ANEXO I

ANEXO II

 

 

 

 

 

( categories: )