Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
MEDIDAS ORGANIZATIVAS COVID-19Enviado por admin o Ven, 13/03/2020 - 15:42
Con motivo da situación de excepción a que nos enfrenta a pandemia covid-19, o equipo docente do IES POETA DÍAZ CASTRO ven de artellar unha serie de medidas dirixidas a atender ao alumnado telemáticamente. - O profesorado manterá o contacto continuado co alumnado:
§ A través da Aula Virtual, espazo E-Dixgal (1º e 2º de ESO), correo electrónico, redes sociais e soportes de traballo colaborativo. § O profesorado poderá atender ás familias a través do EspazoABALAR no horario habitual de titoría.
- O alumnado disporá de actividades e sesións lectivas telemáticas co profesorado no horario que pode ver aquí, polas vías antes citadas. Calquera outra consulta poderá ser formulada polas mesmas vías, asumindo que o tempo de resposta pode non ser inmediato.
Lamentamos o trastorno que todo isto causa a toda a comunidade educativa a estas alturas de curso, e agardamos que sexa pola saúde de todos e afecte o menos posible ao rendemento académico do alumnado. Queremos transmitir o noso apoio e a nosa confianza en que todo isto será superado mellor remando todos xuntos. Pregamos se manteñan atentos ás comunicacións que faga o Goberno da Xunta, así como ás que se poidan ir realizando nesta web, e a través das nosas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram @alusdomundo).
A Dirección ( categories: )
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |