CHARLA-COLOQUIO DE MAN DE EVA LÓPEZ: WOMAN EMPRENDE

Enviado por Anónimo o Xov, 20/02/2014 - 06:13

Eva López, responsable do programa Woman Emprende, da Universidade de Santiago de Compostela, acudiu ao noso instituto para ofrecer unha visión ao alumnado sobre as posibilidades en canto a emprendemento e os recursos dos que pode facer uso na universidade unha vez rematada a súa formación universitaria.

A dita actividade asistiron a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Pola parte do concello, contamos tamén coa asistencia do alcalde, Xosé Mª Teixido Núñez, e coa concelleira de Servizos Sociais, Cultura e Educación: María Manuela Carballeira García.



( categories: )