Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
EventosSábado Xuño 17, 2023
Start: 17/06/2023 16:51
Nos pasados días, os profesores encargados do proxecto eTwinning "Cadea de Hoteis de Insectos", realizado durante o curso 2021/22, recibiron os Selos de Calidade Nacional e Europeo por guiar o traballo do alumnado de 1º, 2º de ESO e FP Básica. Estamos de noraboa! Podedes ver o TwinSpace do proxecto neste enlace Sabedes que este ano o noso proxecto eTwinning é o que nos levou a construír os bancais de cultivo e a composteira?? Luns Xuño 19, 2023
Start: 19/06/2023 09:50
O día 21 de xuño, en Xornada de Portas Abertas, celebraremos a nosa segunda Feira de Proxectos. O alumnado será o protagonista, novamente, ao explicar unha parte importante dos proxectos desenvolvidos ao longo destes meses. A Xornada desenvolverase co seguinte horario: 11.15: Vestíbulo do centro Benvida, explicación da xornada. Colocación da Placa que nos distingue como eTwinning School Comunicación do Premio á aula mellor coidada 2023 11.30: Percorrido do itinerario por todas as paradas de proxectos. Rincón da natureza - Espazo Creativos - Espazo Fabricación Mecánica - Arredor das palabras - Audiovisual - K Paces - Aula da calma - Espazo mediación - Mercados solidarios - Activa a túa mente - Revista TIC
Contamos coa vosa visita e publicaremos en RRSS novas sobre o desenvolvemento do día!
Venres Xullo 14, 2023
Start: 14/07/2023 11:44
Xa están dispoñibles os vales das axudas para material escolar para o curso 2023-2024. Poderán ser retirados polos interesados/as na secretaría do centro de luns a venres en horario de 10 a 13 horas.
|
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |