Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Rúa Xermade, s/n 27300 - Guitiriz Tel.: 982 87 03 42 Fax: 982 87 03 49 Correo electrónico: ies.diaz.castro@edu.xunta.es
Iniciar sesión |
EventosLuns Marzo 24, 2014
Start: 24/03/2014 08:30
End: 24/03/2014 19:00
Acompañado polas profesoras IRENE BARREIRA REY e MÓNICA CAMPO VÁZQUEZ, o luns 24 de marzo un grupo de 32 alumnos/as deste instituto realizaron unha interesante visita a Lugo. Así, puideron visitar o MUSEO ARQUEOLÓXICO PROVINCIAL de Lugo, levar a cabo un paseo por "Lucus Augusti" e a Muralla Romana e coñecer o Centro de Interpretación da Muralla e a Casa dos Mosaicos. Xa pola tarde, asistiron á representación teatral da "Aulularia" de Plauto, no Auditorio "Gustavo Freire".
Luns Marzo 31, 2014
Start: 31/03/2014 11:30
End: 31/03/2014 14:10
O luns 31 de marzo, e formando parte do noso proxecto "Fotografía en curso", dentro do Plan Proxecta, desenvolveuse un obradoiro de fotografía co reputado artista VARI CARAMÉS. Neste obradorio puido participar o alumnado de Educación Plástica e Visual de 4º de E.S.O., coa coordenación da profesora Nuria Pena. Xoves Abril 03, 2014
Start: 03/04/2014 10:10
End: 03/04/2014 12:20
Como xa ven sendo case tradición, tamén este ano, da man da Biblioteca do IES POETA DÍAZ CASTRO, un grupo de alumnos/as desplazáronse aos colexios de Educación Infantil e Primaria adscritos ao noso centro para compartir cos pequenos e futuros compañeiros unha boa ración de poesía e literatura. Acompañados/as polo profesor SANTIAGO DANS, o xoves 3 de abril visitaron o CEIP LAGOSTELLE, o CEIP SANTO ESTEVO DE PARGA e o CEIP DA CASTELLANA. Non temos dúbida de que todos, visitantes e anfitrións disfrutaron da xornada. Xoves Abril 10, 2014
Start: 10/04/2014 08:30
End: 10/04/2014 14:00
O xoves 10 de abril, ás 12:25 do mediodía, poderemos disfrutar da emisión en Radio Principal de Vilalba da Selección de Contos elaborados polo alumnado de 1º de E.S.O. Como? Hai dúas opcións: ou ben sintonizando o dial 87.7 da FM, ou ben a través da web RADIOYTELE. PONTE EN ANTENA!
|
Eventos
MEDIACIÓN DÍAZ CASTROEnlace ao espazo de Mediación: contacto, novas, actividade...
XUNTA DE DELEGADOSEnlace ao espazo da Xunta de Delegados: actividade, contacto, novas... FORO DA COMUNIDADEEnlace ao espazo do Foro da Comunidade, o noso espazo de diálogo e toma de decisións. |