Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Xaneiro 23, 2014
Start: 23/01/2014 00:20
End: 23/01/2014 18:30

Organizada polos departamentos de Ciencias Naturais e Física e Química, o vinderio xoves 23 de xaneiro o alumnado de 3º de ESO desplazaráse á Coruña para realizar unha visita didáctica á Casa das Ciencias e á Casa do Home-Domus.

Sairán ás 9'20 da mañá e regresarán xa pola tarde, ás 18 h.

Irán acompañados polos/as profesor/as ANA SANCHEZ, NURIA SÁNCHEZ e RAMÓN ERIAS.

Martes Febreiro 04, 2014
Start: 04/02/2014 08:30
End: 04/02/2014 18:30

Acompañado polas profesoras MÓNICA CAMPO, ELENA HAZ e CONCHI SANFIZ, do Departamento de Lingua Castelá e Literatura, un grupo de alumnos de 1º de E.S.O. viaxará o 4 de febreiro a Santiago de Compostela para participar na realización dun programa de radio na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.

 

Pasarán alí todo o día, xa que a saída está programada para as 8:30 h. e o regreso ás 18:00 h.

 

 

Start: 04/02/2014 10:10

Acompañado pola profesora de Educación Plástica e Visual, Nuria Pena, e máis o profesor de Relixión Católica, Alfonso Blanco, o alumnado de Plástica de 4º curso de E.S.O. fará unha visita á Casa das Palabras de Guitiriz o martes 4 de febreiro.

Esta actividade ocupará parte da mañá, entre as 10:10 e as 13:10.

 

 

 

Mércores Febreiro 05, 2014
Start: 05/02/2014 10:10
End: 05/02/2014 14:00

O mércores 5 de febreiro, o alumnado de Educación Plástica e Visual do curso 4º de E.S.O. levará a cabo unha visita á Fundación TIC de Lugo.

A saída do instituto está programada para as 10:10, e o retorno se fará ás 14:00.

Nesta ocasión estarán acompañados/as polas profesoras Nuria Pena (Educación Plástica e Visual) e Verónica del Río (Orientación).

 

 

Mércores Febreiro 12, 2014
Start: 12/02/2014 00:00
End: 12/02/2014 14:00

E seguindo coa intensa actividade extraescolar, o alumnado de Tecnoloxía de 4º de E.S.O. (ordinario e Diversificación), xunto co de 1º de BAC da materia de Tecnoloxía Industrial I, participarán nun taller de robótica organizado pola Fundación Barrié.

A cita é o mércores 12 de febreiro, e irán acompañados polo profesor JOSÉ ENGROBA, do Departamento de Tecnoloxía.

Permanecerán fóra do centro entre as 9:00 h. e as 14:00 h.

 

 

 

 

Distribuir contido