Skip to Content

Física e química

CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

No adxunto poden atopar un resumo dos criterios de avaliación do Departamento de Física e Química.

PROGRAMA "A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC": SUPERCONDUTIVIDADE

Dentro do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a USC”, o alumnado de Física de 2º BACH participou na charla “Supercondutividade”, a cargo do profesor Manuel Mosqueira.

Nesta actividade describiuse o fenómeno da supercondutividade, facendo un percorrido histórico desde o seu descubrimento en 1911 no mercurio ata os modernos supercondutores de alta temperatura baseados en ferro. Fíxose fincapé nas aplicacións (presentes e futuras) baseadas nestes materiais. Finalmente, tivo lugar unha demostración práctica do fenómeno da levitación magnética.

VISITA AO CENTRO DE COMPOSTAXE COMUNITARIA

O alumnado de 4º ESO D, que está a cursar Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional achegouse a visitar o centro de compostaxe comunitaria da rúa Rosalía de Castro. Alí puideron coñecer o proceso de primeira man grazas á mestra composteira do concello de Poio.

Dende este trimestre, tamén contamos cun composteiro no centro, no exterior da cafetería, no que alumnado, profesorado e persoal non docente poden depositar os residuos orgánicos.

11F, DÍA DA NENA E A MULLER NA CIENCIA

 

Para reivindicar a presenza das mulleres nos ámbitos científicos, o alumnado de 4º ESO e 1º BACH estivo elaborando materiais.

Grupos de 4º ESO e 1º BACH, na materia de Física e Química, entrevistaron a mulleres vinculadas profesionalmente a diferentes ámbitos científicos e presentaron o resumo desas entrevistas nas infografías que expuxeron no vestíbulo do 1º andar e das que deixamos unha mostra nos adxuntos desta entrada.

O alumnado de Matemáticas de 4º ESO B revisou os datos de matrícula de Bioloxía e Debuxo Técnico en 1º de Bacharelato e de Bioloxía e Física en 2º de Bacharelato para analizar se había diferenzas por xénero. Os datos deixan ver que hai maior matrícula de rapazas en Bioloxía e maior matrícula de rapaces en D. Técnico e Física. Isto non é casual, xa que na escolla formativa aínda están presentes moitos estereotipos. A rama sociosanitaria está máis feminizada, porque está vinculada cos coidados, asociados historicamente ás mulleres. Por outra banda, en Física e Debuxo Técnico, materias vinculadas ás profesións máis técnicas, é maior o número de alumnos, porque estas destrezas se socializan máis nos rapaces e tamén hai moitas menos referentes mulleres neste ámbito. Podedes ver a análise no documento adxunto.

Temos claro que para que as mulleres teñan moita máis presenza nos diferentes ámbitos científicos, é necesario fomentar unha formación libre de estereotipos

OBRADOIRO EXPERIMENTAL DE ÓPTICA

Benito Vázquez, profesor da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, desenvolveu un obradoiro experimental de óptica co alumnado de Física de 2º Bacharelato.

A actividade foi organizada dende o Departamento de Física e Química do centro.

ANDREA E UXÍA GAÑAN O 1º PREMIO DO I CONCURSO DE CIENCIA LUÍS GUSTAVO RODRÍGUEZ TABOADA

Adaptada á nova realidade, fíxose a entrega de premios virtual do I Concurso de Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada, organizado polo IES Laxeiro de Lalín. O 1º premio foi para Andrea Ferrer e Uxía Villaverde (2º BACH A), que participaron co seu vídeo “A química e o submarinismo”, animadas pola súa profesora de Física e Química en 1º de Bacharelato, Paula López Senín. Moitísimos parabéns!

Hoxe (25/11/2019) o alumnado de Química de 2º Bacharelato asistiu ao CIQUS, ás xornadas: "A investigación en química: ciencia creativa para un mundo mellor"

Hoxe o alumnado de Química de 2º Bacharelato asistiu ao CIQUS, ás xornadas: "A investigación en química: ciencia creativa para un mundo mellor". Durante a mesma, o alumnado realizou unha práctica de síntese orgánica, observou varios experimentos e coñeceu como se desenvolve a investigación nun centro de esta categoría. Moi motivador!

 

 

Prema na imaxe se quere ver ou descargar o resto das fotografías.

Programación Física e Química 2019/2020

Programación do departamento de Física e Química 2019/2020

Distribuir contido


by Dr. Radut