Skip to Content

ENL

ENL

XELA ARIAS, TRANSGRESIÓN E COMPROMISO

"Xela Arias, transgresión e compromiso" é o título da proposta didáctica elaborada por profesorado do Departamento de Lingua Galega do centro, que está conformada por dez carteis que fan un percorrido pola figura da autora homenaxeada nas Letras Galegas 2021 e que se atopan expostos no instituto. Ademais, inclúe unha guía didáctica con actividades multidisciplinares para afondar na vida e obra da poeta.

Clica na imaxe dos carteis e da unidade didáctica para ver máis. 

Ligazón para ver/descargar os CARTEIS.

Ligazón para ver/descargar a UNIDADE DIDÁCTICA.

OBRADOIRO: "IMPROVISANDO POLA VIDA. FERRAMENTAS DE RESPOSTA"

Os dous últimos días do trimestre, tivemos o pracer de contar con High Paw e A Rabela. Achegáronse ao centro para desenvolver o obradoiro “Improvisando pola vida. Ferramentas de resposta” con alumnado de 4º ESO e 1º BACH.

O alumnado aprendeu como se produce a música electrónica e como empregar a improvisación como unha ferramenta de resposta ante agresións e situacións incómodas. 

Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES de Poio, leva desenvolvendo dende hai anos argumentos favorables ao mantemento vivo da lingua galega dentro do ámbito educativo, reforzando a dimensión comunicativa da nosa lingua.


Por iso realiza e propón diferentes iniciativas para conseguir que a lingua galega manteña o lugar que lle corresponde dentro do ámbito académico e estea presente en todas e cada unha das actividades que se desenvolven ano tras ano no noso centro.

Durante este curso acádemico 2018-19 o ENDL do IES Poio está formado por:

Profesor coordinador:

Rosario Pastoriza Entenza (Profesor de lingua e literatura)


Profesores integrantes:

Monserrat Bragado Trigo (Profesora)

Paloma Fernández de Córdoba y Cancela (Profesora)

Laura Fernández Sasiaín (Profesora)

Selena Gozález Anseras (Profesora)

Mª Ángeles Pandelo Lorenzo (Profesora)

Milagres Romero Susavila (Profesora)

Pablo Viqueira García (Profesor)

Antía Solla Sabaría (Alumna)

Sergio Martínez Pérez (alumno)

Miguel Rodríguez Montes (Alumno)

Iria Filgueira Loureiro (Alumna)

Iria Besada Taboada (Alumna)

Javier Blanco Soto (Alumno)

Javier Salgado Feijoo (Persoal Non Docente)

Distribuir contido


by Dr. Radut